historia

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,95 KB


A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869.

O contexto no que se produce a revolución é de profundo malestar Social provocado polas malas colleitas que traen a escaseza de Cereais e a conseguinte suba dos prezos o que da lugar a unha crise De subsistencia, as dificultades económicas na industria: textil, Siderúrxica e a escasa rendibillidade das vías férreas e nas Finanzas, vítimas dunha crise bancaria e bolsista desencadeada polo Estalido dunha burbulla especulativa arredor da construción Ferroviaria. A isto hai que sumarlle o descontento da maioría da Sociedade cun sistema político pouco permeable á participación da Cidadanía e nada sensible as novas necesidades dun país que mudara Respecto á primeira metade do século. A raíña estaba Desprestixiada, porque a súa actitude política estaba influída Pola súa conduta privada e amorosa, motivo de bromas na corte e en Toda España

Este descontento uniu a todos os grupos políticos opositores Baixo unha causa común: establecer un goberno provisional que Asumise os principios do liberalismo democrático e que convocase Eleccións para constituír unhas novas Cortes, para elixir un novo Modelo de Estado e redactar unha nova constitución. Así os partidos Progresista e demócrata asinarán en Bélxica o Pacto de Ostende, Coa finalidade de desaloxar do trono a Isabel II, pouco despois únese A eles a Unión Liberal.

A Revolución Gloriosa iniciouse En setembro de 1868 en Cádiz cun pronunciamento das tropas da mariña Do almirante Topete e tamén polos xenerais Serrano e Prim, os Sublevados venceron ás tropas leais á raíña na batalla de Ponte De Alcolea (Córdoba). En paralelo, xurdiron numerosas xuntas Revolucionarias que reclamaban o sufraxio universal e a liberdade de Prensa, ensino e asociación e a abolición dos impostos de consumo, Que gravaban a compra de artigos de primeira necesidade, e da Redención de quintas, recrutamento militar realizado por sorteo e Que afectaba a quinta parte dos varóns de certa idade que non podían Pagar a exención.Polo que hai unha unión de pronunciamento e Revolución social.

Tras o exilio de Isabel II a París, formouse un Goberno Provisional integrado por unionistas e progresistas, presidido por Serrano, líder da Unión Liberal tras a morte de O'Donnell. Os Demócratas quedan fóra e con eles o sector máis revolucionario. O Goberno pon en marcha numerosas reformas políticas e económicas, Entre as que destaca a supresión do imposto de consumos, a Emancipación dos fillos de escravos nacidos tras a revolución ou o Decreto de liberdade de imprenta, e convocou Cortes constituíntes Elixidas por sufraxio universal masculino.

Estas Cortes elaboraron unha nova Constitución no 1869 que, Establecía a soberanía nacional, a monarquía como forma de Goberno; unha clara separación de poderes: o rei, exercía o poder Executivo, o poder xudicial estaba en mans dos tribunais con xurados; Cortes bicamerais, formadas polo Congreso e o Senado (os deputados do Congreso serían elixidos por sufraxio universal masculino, e o Senado por vía indirecta a través de compromisarios); liberdade de Cultos; Estado confesional; e dereitos e liberdades amplos, Especialmente o dereito de asociación e reunión (nace a Federación Rexional Española da Asociación Internacional de Traballadores -FRE Da AIT-).

Despois da promulgación da Constitución, Serrano foi nomeado Rexente provisional mentres se buscaba un novo rei para España, que Debía ser católico, liberal e contar co apoio das potencias Europeas. Finalmente ese rei foi Amadeo de Saboya. O asasinato de Prim, o líder dos progresistas e home forte do momento, deixa ao Novo monarca sen o seu principal valedor, as dificultades de goberno Na coalición co permanente acoso dos republicanos, que non aceptaron A solución monárquica da Constitución, o descontento das clases Populares, que non recibían respostas ás súas demandas sociais, o Regreso do problema carlista co estalido da terceira Guerra Carlista, A sublevación en Cuba e a falta de colaboración por parte dos Sectores tradicionais provocaron que en febreiro de 1873 renunciara o Que abriu paso á I República.




Entradas relacionadas: