Estadística

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,05 KB

 

A derivada dunha función f no punto p x=a represéntase como f´(a) e é igual a

límite que coincide coa taxa de variación instantánea de f no punto x=a. Xeometricamente, representa o valor da pendente da recta tanxente á gráfica de y=f(x) no punto P(a, f(a)). Se o límite anterior existe, dise que f é derivable en x=a.

Estatística:

Poboación: Chámaselle poboación ao conxunto de todos os elementos que cumpren unha determinada característica. Cada un dos elementos da poboación chámase individuo.

Mostras: Chámaselle mostra a calquera subconxunto da poboación. O número de elementos dunha mostra denomínase tamaño.

Carácter: Chámaselle carácter estatístico a unha propiedade que permite clasificar os individuos da poboación. Os caracteres poden ser cuantitativos e cualitativos (se poden medir e cualitativos non se poden medir)

Variable estática: O conxunto de todos os valores que pode tomar un carácter estatístico cuantitativo chámase variable estática. É discreta cando pode tomar un número finito de variables e é continua cando pode tomar todos os valores dentro dun certo intervalo da recta real.