Estruturas, Forzas e Mecanismos
Clasificado en Tecnología
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,51 KB
Definicións
Forza: capacidade de deformar un corpo ou alterar o seu estado de movemento ou repouso.
Estrutura: conxunto de elementos dun corpo destinados a soportar os efectos das forzas que actúan sobre el. A estrutura impide que o corpo rompa ou se deforme en exceso.
Esforzo: tensión interna que experimentan todos os corpos sometidos á acción dunha ou de varias forzas. As forzas que actúan sobre unha estrutura chámanse cargas.
Polea: roda cunha rañura que xira arredor dun eixo, o cal se atopa suxeito a unha superficie fixa. Pola rañura da polea faise pasar unha corda, cadea ou correa que permite vencer de maneira cómoda unha resistencia.
Panca: barra ríxida que xira arredor dun punto de apoio ou articulación. Nun punto da barra aplícase unha forza coa fin de vencer unha resistencia.
Mecanismos: elementos destinados a transmitir e transformar forzas e movementos desde un elemento motriz a un elemento receptor.
Tipos de Cargas
Existen dous tipos de cargas:
- Permanentes: non varían co paso do tempo, sempre afectan a estrutura da mesma maneira. Son, por exemplo, o propio peso, o dos corpos que se atopan enriba, etc.
- Variables: aparecen ocasionalmente e non teñen sempre o mesmo valor. Algúns exemplos son o peso da neve sobre un tellado, o pulo do vento, o peso da xente que se atopa nun edificio, o peso dunha caixa que erguemos do chan, o pulo da auga dun encoro...
Tipos de Esforzos
Existen diferentes esforzos:
- Tracción: estirar.
- Compresión: comprimir ou apertar.
- Flexión: dobrar o corpo.
- Torsión: retorcer.
- Cizalla ou cortante: cortar.
Características das Estruturas
As estruturas deben ter:
- Estabilidade
- Resistencia
- Rixidez
(Ver definición de estrutura)
Tipos de Poleas
Hai poleas móbiles e fixas (ver definición de polea).
Tipos de Pancas
As pancas (ver definición) clasifícanse en:
- Primeiro grao: o punto de apoio atópase entre a forza aplicada e a resistencia.
- Segundo grao: a resistencia atópase entre o punto de apoio e a forza aplicada.
- Terceiro grao: a forza aplicada atópase entre o punto de apoio e a resistencia.