A filosofía segundo Ortega: a busca da verdade e a crítica da tradición

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,27 KB

Problema do home segundo Ortega

Para Ortega, a filosofía é algo constitutivamente necesario para o intelecto e ten o afán de buscar a verdade do todo. O home fai filosofía pola súa desorientación, necesitando saber por si mesmo que facer e como vivir. Ortega define a filosofía como un estudo total do Universo, que ten como rasgos propios un coñecemento teórico rexido polo imperativo de autonomía e pantomía. A instrución filosófica é o acto no que se dá presenza inmediata da razón. A filosofía é ontoloxía, un discurso que nos recela o ser das cousas.

Desenvolvemento da filosofía e crítica da tradición occidental

Para Ortega, o desenvolvemento da filosofía require unha crítica da tradición occidental. Tratará de elaborar unha teoría que, sen renunciar á tradición, a renove e a saque da súa crise. A tarefa do noso tempo consiste en superar os principios básicos da modernidade. Ortega divide a filosofía en dous períodos. Por un lado está o realismo que comezou en Grecia con Parménides e vai ata Descartes sen incluílo. Este pensamento dá unha importancia extrema ao obxecto e desvaloriza o suxeito. Afirma que as cousas existen aínda que non exista conciencia algunha. É o primeiro modo de pensar, xa que é unha opinión natural. Segundo Ortega, por iso é ingenua e debe criticarse. Por outro lado, o idealismo é a teoría oposta. Afirma que o mundo sería unha construción de subxectividade, non unha realidade independente. O erro é que termina converténdose en subxectivismo. O mundo exterior queda nunha mera representación da conciencia, sendo independente o pensamento, o suxeito pensante é interpretado como a res cogitans. Ortega realizará unha crítica a ambas crenzas e propón unha teoría que supere ambas teorías. Para Ortega, natureza e intelecto son relativizados e a única realidade é a vida onde coexisten suxeito e obxecto e van sempre xuntos: eu son eu e a miña circunstancia. Vida é a palabra que utilizamos para referirnos ao noso experimentar da realidade. É o conxunto de vivencias e o ámbito no que se fai posible todo. Desta forma constituímos unha nova idea de ser. A vida non é unha cousa, senón que é un facerse, un devir e un proxecto. Para Ortega, a realidade é a vida e as súas categorías.

Entradas relacionadas: