O Teatro Galego (1980-2000): Autores, Temas e Institucións
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,63 KB
O Teatro Galego de Finais do XX e Comezos do XXI
Temas e Autores dos 80 e dos 90
A aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) supón a posta en marcha de institucións que posibilitan a creación dun *Centro Dramático Galego* (1984) e o establecemento dunha política cultural que ha de influír sobre a **produción** e o consumo de literatura dramática en Galicia.
Estes autores van **ter** unha dependencia respecto **ao** circuíto dos premios literarios, fundamentalmente os da *Escola Dramática Galega*, debido á falta de **público** consumidor.
O Xurdimento das Compañías Estables
Este vai ser o período onde xorden as compañías estables de teatro.
- Nos 70: *Artello*, *Ítaca*, a *Escola Dramática Galega*...
- Nos 80: Consolídase e créase un tecido teatral básico e un asentamento profesional que vai callar en grupos como **Sarabela** e como grupo institucional o **Centro Dramático Galego**.
Despois da creación da **IGAEM** en 1990, aumenta o número de compañías ata un total **de 46** no ano 2000.
A Promoción de 1980: Autores e Contexto
Son autores nados arredor da década de 1950 e sitúan a súa obra nos derradeiros anos do franquismo e no nacemento da Galicia autonómica.
Características da Promoción dos 80
- Frecuente recurso **ao** metateatro.
- Teatro culturalista cun forte compoñente simbólico e irónico.
- Rexeitamento **das** formas abertamente lúdicas e presenza dun humor á beira do absurdo.
- Procesos de abstracción e xeneralización **levan** a unha anonimia dos personaxes.
Autores Destacados
Autores desta promoción:
- **Miguel Anxo Fernán-Vello** con *“Cuarteto para unha noite de verán”*
- **Cid Cabido** con *“Copenhague”*
- **Suso de Toro**
A Xeración dos 90: Trazos Xerais e Innovacións
Son autores que nacen arredor dos 60 e os **trazos xerais** son:
Traxectoria e Estilo da Xeración dos 90
- Menor carga simbólica.
- Preferencia pola intertextualidade.
- Coidado na estrutura da peza.
- Redescuberta da comedia como modelo xenérico.
- Converxencia entre literatura dramática e espectáculo.
- Dúas tendencias iniciadas no Grupo Abrente: o neorruralismo e a intertextualidade.
- Primacía do carácter lúdico sobre o transcendental.
- Cultivo da comedia e do teatro histórico.
Autores Representativos
Podemos citar **aos** seguintes autores:
- **Cándido Pazó**
- **Miguel Anxo Murado** con *“A grande noite de Fiz”*