Filosofia del homo sapiens

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,36 KB

O LAMARCKISMO. Jean Baptiste Lamarck (1744 – 1829) foi o primeiro que formulou Unha teoría coherente da evolución ou transformación das especies. No 1809 Publicou a súa obra “Filosofía Zoolóxica”, na que explicaba como cría que Sucedeu a evolución. Lamarck atribuía os cambios nas especies a unha adaptación do Organismo ó medio, e á conseguinte transmisión hereditaria das novas Modificacións. Un cambio no medio provocaría novas necesidades nos Organismos. Estes “esforzaríanse” por as satisfacer, desenrolando os órganos Necesarios e atrofiando os innecesarios. Estes novos órganos transmitiríanse á Descendencia. Do lamarckismo poderiamos destacar as seguintes afirmacións: 1º.- Hai unha progresión gradual dende uns organismos simples a outros máis Complexos. 2º.- O mecanismo polo que se producen os cambios graduais é a adaptación Ó ambiente por medio do USO e DESUSO de determinados órganos.

3º.- O exercicio dos órganos produce o seu desenrolo e perfección. De aquí Xurde a célebre afirmación lamarckiana: “a función crea o órgano”. 5 4º.- Os caracteres adquiridos deste xeito hérdanse, permitindo una mellor Adaptación ás condicións do entorno; por exemplo, as xirafas terían o pescozo Tan longo porque ese iría crecendo perante xeracións para poder acadar mellor As follas que se atopaban nas copas das árbores. Aínda que Lamarck non aportou probas convincentes para demostrar que os Caracteres adquiridos hérdanse (hoxe sabemos que isto non é certo), as súas Teses tiveron gran interese e axudaron a formular a proposta evolucionista.AS ETAPAS DA HOMINIZACIÓN. Os primeiros homínidos dos que se ten constancia polos restos fósiles Son os australopithecus, que viviran hai, aproximadamente 4 millóns de Años. Sábese que andaban ergueitos; que eran de pequena estatura (1,40 m.) ; De escaso peso (20 Kg.); e que tiñan unha capacidade craniana semellante á Dos grandes simios, en proporción aos tamaños dos seus corpos (entre 400 e 500 cc.). Parece que empregaron e fabricaron instrumentos, unha sinxelas Lascas para cortar, cazar ou rañar. Clasifícanse en: Anamensis, Afarensis (Lucy) e Africanus. Outro xénero de homínidos foi o homo habilis, nome que lles ven da Gran variedade de instrumentos de pedra atopados nos depósitos, xunto ós Seus restos fósiles, e que viviu hai aproximadamente 2 millóns de anos. A súa Capacidade craniana oscilaba entre os 500 e os 700 cc. . Se comparamos a súa Conducta coa dos simios, pódese dicir que tanto os australopithecus coma o Homo habilis tiñan tradicións sociais ou culturais. Ao homo habilis sucedeulle ó homo erectus, que vivira hai Aproximadamente 800.000 anos. A súa capacidade craniana oscilaba entre os 700 e os 1.000 cc. Non só mellorou a tecnoloxía lítica (elaborou máis Instrumentos e máis precisos) senón que tamén empregou e controlou o lume. A súa cultura e organización social eran máis complexas que as dos Anteriores. Cazaban grandes animais e se supón que tiñan divididas as súas Actividades en función do sexo. Tamén foi capaz de se adaptar a climas fríos. Practicaban o canibalismo. O homo antecessor, descuberto en Atapuerca (Burgos).Considérase O hominido máis antigo de Europa, hai 900.000 anos. Tiña unha altura entre 160 e 185 cm. O seu peso estaba entre os 60 e 90 Kg. Os trazos da súa 11 Faciana son moi modernos. Parece que é a liña da que se orixinaron tanto os Neandertalensis coma o sapiens. O homo neandertalensis, misteriosamente desaparecido, viviu hai Aproximadamente 100.000 anos. Era de complexión robusta, de baixa Estatura e de cerebro máis grande que o de o home actual (máis de 1.500 cc.), Aínda que cun lóbulo frontal menos desenrolado. Estaba adaptado ao frío. Era Sociable e vivía en comunidade. Dedicábase á caza, soterraba ós seus mortos, Fabricaba excelentes armas e utilizaba o lume. Extinguiuse hai 30.000 anos. O homo sapiens actual apareceu hai preto de 35.000 anos, Coincidindo ca desaparición do homo neandertalensis. A súa capacidade Craniana varía entre os 1.300 e os 1.500 cc., e a súa morfoloxía apenas se Diferencia da nosa, aínda que eran máis baixos. A súa cultura e forma de vivir Sería semellante á dos pobos cazadores-recolectores actuais.

Entradas relacionadas: