Literatura galega no exilio

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,07 KB

TEMA 4. Literatura Galega no exilio. Autores e obras.
1. Contexto histórico e político:
Rematada a Guerra Civil, comeza en España un longo período histórico caracterizado pola ausencia de liberdade e dereitos cidadáns, tanto políticos como culturais ou relixiosos. Ata os anos 60, España sofre o illamento e as sancións económicas impostas ao réxime pola potencias gañadoras da 2º Guerra Mundial, o que provoca unha situación económica interior agónica que anima a emigración, principalmente aos paises de América. En Galicia vívense os
anos da fame e a literatura en galego garda un obrigado silencio pola dura represión ás figuras que protagonizaran os movementos culturais anteriores ao levantamento militar, que se ven forzadas a exiliarse ou a gardar silencio. Unha mostra importante da nosa literatura verá a luz ou será reeditada na Arxentina, Venezuela, Cuba, México ou Uruguai.
Os autores que desenvolveron a súa actividade no exilio foron, por unha banda os que xa viñan publicando en Galicia pero se viron na obriga de marchar, como Castelao ou Dieste; e por outra, novos autores que comezaron publicando no exterior, como os que imos ver a continuación.
2. Autores e obras:
LUÍS SEOANE. (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979)
-Naceu na Arxentina, veu con dez anos para Galicia e coa guerra civil tivo que volver para á Arxentina, debido á súa ideoloxía galeguista e de esquerdas.
-Creador polifacético, pintor, poeta, ensaísta e dramaturgo.
-A súa obra poética expresa o compromiso social e humano con Galicia en temas como o exilio, a emigración ou a inxustiza social.
*
Obra:
Utiliza versos longos, libres, sen rima; marcando o ritmo coa repetición de palabras clave.
“Fardel do esiliado” (1952).
Na brétema, Sant-Iago” (1955).
As cicatrices” (1959).
A maior afondamento” (1972).
LORENZO VARELA (A Habana, 1917-Madrid, 1978)
-A súa biografía é parella á de Luís Seoane, con quen colaborou estreitamente en Bos Aires.
-A súa poesía combina diversos motivos condicionados pola experiencia de Galicia que tivo o autor, dende a denuncia social á saudade da terra.
*
Obra:
Catro poemas para catro gravados” (1944)
Lonxe” (1954)

EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense 1897-Vigo 1979)
-A súa cidade natal, na que transcorreu a súa infancia e xuventude, estudou e comezou a súa actividade literaria, xornalística e intelectual, vai ser unha referencia constante na súa obra.
-En Arxentina desenvolveu unha intensa actividade cultural, inicialmente como emigrante e máis tarde como exiliado, tanto en narrativa, xornalística, teatro, conferencias, teatro…
-No ano 1965 volve a Galicia e continúa coa mesma actividade
-A súa lingua arrinca da fala popular para axeitala ás necesidades expresivas de cada obra.
-Blanco Amor comeza a renovación narrativa galega a través do realismo social, corrente definida en catro trazos:
*Espazo urbano único que serve de marco aos acontecementos.
*Denuncia das condicións de vida das clases máis desfavorecidas.
*Uso do perspectivismo, é dicir, da adopción dun punto de vista determinado.
*Uso da lingua para retratar as clases protagonistas da novela.
*
Obra narrativa:
A Esmorga” (1959).- Apareceu en Bos Aires, en España estivo censurada ata 1970. Na novela Cibrán, home ben intencionado pero sen vontade, conta ante o xuíz os sucesos vividos na compaña de O Bocas, home forte e violento, e o Milhomes, homosexual covarde. Os tres pasan 24 horas pola Áurea (Ourense) máis sórdida e marxinal, nunha esmorga protagonizada polo alcohol e a violencia, no medio dunha atmosfera cada vez máis insoportable que os conduce á traxedia. Os personaxes son definidos polos seus comportamentos. A técnica narrativa é “telefónica”, de tal xeito que só se reproducen as palabras de Cibrán e nunca as da acusación nin do interrogador.
Os Biosbardos” (1962).- sete relatos en primeira persoa de corte supostamente autobiográfico, nos que un narrador infantil ou adolescente conta problemas reais mesturados con imaxinación e fantasía.
Xente ao lonxe” (1972).- Radiografía do Ourense de principios de século a través da historia dunha familia contada por varios narradores, desde múltiples perspectivas. Baseada en parte en feitos históricos é un alegato en defensa dos dereitos dos desherdados. A trama principal interrómpese en moitas ocasións por historias protagonizadas por algúns dos moitos personaxes presentes, todos perfectamente individualizados pola fala.

Entradas relacionadas: