Nova narrativa gallega

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,43 KB

A Nova Narrativa galega. A partir dos anos 60 (seculo XX), conviven na literatura galega tres correntes de narrativa: en primeiro lugar, a narrativa dos autores relacionados coa editorial Galaxia, principalmente Alvaro Cunqueiro, Anxel Fole e Eduardo Blanco Amor, que seguen publicando obras importantes; en segundo lugar, unha corrente de narrativa realista, centrada nos temas do rural galego e da emigracion, represantada por Xose Neira Vilas; e, por ultimo, a denominada "Nova Narrativa Galega", formada por autores como Camilo Gonzalez Suarez Llanos, Maria Xose Queizán, Xohana Torres, Gonzalo Rodriguez Mourullo, Xohan Casal, Mendez Ferrin ou Carlos Casares. Os autores da Nova Narrativa inspiraronse en escritores americanos e europeos que revolucionaron a narrativa do seculo XX (Joyce, Kafka, Faulkner, Proust... ), introducindo na narrativa galega da posguerra importantes novidades tematicas e tecnicas. Entre as primeiras destaca a presenza de personaxes anonimos, marxinais, trastornados por conflitos internos e inadaptados social e culturalmente. Por iso ten especial importancia o mundo do subconsciente (traumas, complexos, pesadelos). Ademais, hai preferencia por ambientes urbanos, evitando a tradicional localizacion rural, e dase especial importancia a algúns obxectos que son minuciosamente descritos (obxectalismo). Entre as innovacions tecnicas atopamos: a ruptura da linealidade temporal, con constantes avances e retrocesos no tempo; a pluralidade de voces narrativas, que se alternan e superpoñen no relato; e o uso do monologo interior ou fluir da conciencia, que tenta reproducir os pensamentos tal como brotarian do interior. Xose Luis Mendez Ferrin foi un dos autores mais destacados da Nova Narrativa, ademais de contar cunha importante obra poetica que o inscribe dentro da denominada Xeracion das Festas Minervais. A súa obra narrativa este formada por novelas e libros de relatos, e pode dividirse en tres grupos tematicos: en primeiro lugar, o formado polas obras que responden as caracteristicas da Nova Narrativa, como Percival e outras historias (1958), 0 crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte (1964); en segundo lugar, o de tematica sociopolitica, formado por obras como Retorno a Tagen Ata (1971) ou Crónicas de Nós (1980); por ultimo, as obras de tematica fantastica e mitica, entre as que se contan Amor de Artur (1982) e Arnoia, Arnoia (1987). Na obra narrativa de Carlos Casares adoitan distinguirse duas etapas: unha etapa de renovacion formal, a que pertencen obras ambientadas na sociedade galega baixo o franquismo, con abundantes elementos autobiograficos e tecnicas innovadoras relacionadas coa Nova Narrativa, como o libro de relatos Vento ferido (1967) e as novelas Cambio en tres (1969) e Xoguetes para un tempo prohibido (1975); e unha segunda etapa de tecnica realista, que pertencen obras ambientadas nun pasado historico e con recursos mais proximos o realismo, como o libro de relatos fantasticos Os escuros soños de Clio (1979) e as novelas Ilustrisima (1980), Os mortos daquel veran (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996).



0 galego no primeiro terzo do seculo XX. Nesta epoca producironse cambios socials importantes en Galicia. Foi a etapa das reivindicacions agrarias e da redencion dos foros, coa conseguinte desaparicion da fidalguia que os impoñia. Nas cidades desenvolveuse unha burguesia industrial e comercial que necesitaba man de obra, polo que aumenta a emigracion do campo a cidade e aparece o proletariado. En canto a emigracion a America, continua de forma intensa, coma no seculo anterior. No eido sociolinguistico, o galeguismo do seculo XIX impulsou a conciencia linguistica de certos colectivos e a creacion de institucions e publicacions en defensa do galego. Asi, por exemplo, foi creada a RAG en La Habana en 1905. En 1916 apareceron as Irmandades da Fala, que publicaron o semanario coruñes A nosa terra e elaboraron o Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo, en 1918, que recolle Os fundamentos do nacionalismo galego. En 1920, os membros do Grupo Nos comezan a publicacion da revista nos. En 1923 crease o Seminario de Estudos Galegos, que potencia o uso do galego na prosa cientifica e tecnica. En 1931 fundase o Partido Galeguista, que defendera en Madrid os postulados do nacionalismo galego e impulsara a aprobacion do Estatuto de Autonomia en 1936. Fronte a estas iniciativas normalizadoras, continuan a castelanizacion e a perda de galegofalantes dos seculos anteriores, agora agravados por factores como a presion dos medios de comunicacion, a maioria en castelan, sobre todo a prensa e a radio; a continuidade das estruturas oficiais do estado centralista (administracion, xustiza, ensino...) que imponen o castelan; a emigracion interior campo-cidade, co conseguinte desexo de ascenso social dentro das clases dirixentes castelanfalantes; e, por ultimo, a emigracion masiva a America, coa evidente perda de galegofalantes. 0 galego escrito desta epoca denominase "galego enxebrizante" por presentar duas caracteristicas: a primeira, que os escritores tentan depurar o galego de castelanismos para diferencialo mais do castelan, o que vai provocar a aparicion de hiperenxebrismos (*primaveira, *posibre); a segunda, que, para superar os dialectalismos, recorren ao galego-portugues medieval (arcaismos: *falescer, *cibdade) ou ao portugues contemporaneo (lusismos: *proprio, *leitor).

Entradas relacionadas: