Situación

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,54 KB

A variedade linguistica e un fenomeno que se observa facilmente ao reparar na gran cantidade de linguas que se falan no mundo, mais tamen ten reflexo no interior de cada idioma - variacion intralinguistica - en forma de variedades internas, comunmente denominadas dialectos, etc. A variacion diacronica esta constituida polas diferenzas que as linguas presentan ao longo da sua evolucion no transcurso da historia. A variacion diatopica ven condicionada polas peculiaridades idiomaticas caracteristicas das diferentes areas xeograficas onde se fala un idioma. Cada unha das variedades xeograficas dunha lingua caracterizada por uns trazos comuns e claramente delimitada no espazo recibe o nome de variedade sintopica. O conxunto de variedades sintopicas constitue e define a variacion diatopica dun idioma. Todas as linguas foron dialectos doutra anterior. A variacion diastratica desenvolvese no eixe sociocultural e esta formada polo conxunto das diferenzas linguisticas propias de cada un dos distintos estratos sociais, economicos, culturais e profesionais aos que pertencen os falantes. Cada unha das variedades socioculturais da lingua recibe o nome de variedade sinestratica. o conxunto das variedades sinestraticas constitue e define a variedade diastratica dun idioma. Entre os factores que condicionan os sociolectos ou niveis linguisticos destacan: o nivel cultural e de instruccion idiomatica, o lugar de residencia e a profesion. Chamase nivel de lingua a destreza linguistica que posue un falante. Hai varios niveis: nivel culto, medio, popular e vulgar. A variacion diafasica garda relacion coas situacions nas que se usa a lingua ou co tipo de comunicacion que se establece o falante. Esta constituida polas diferenzas das linguas nos seus usos habituais e en funcion da canle de comunicacion empregada, os interlocutores, o tema da comunicacion, a situacion comunicativa, o contexto linguistico. Cada unha das variedades situacionais da lingua recibe o nome de variedade sinfasica. O conxunto de variedades sinfasicas constitue e define a variacion diafasica dun idioma. Chamase nivel de fala á modalidade expresiva correspondente a cada situacion comunicativa concreta que ven determinada polo interlocutor, o tema e o contorno no que se realiza. Podense distinguir os seguintes rexistros: rexistro formal e rexistro coloquial, no que se incluirian as xergas esotericas propias de grupos pechados ou marxinais como as propias de oficios tradicionais, etc. Unha lingua non e unha estrutura unitaria e homoxenea senon un sistema complexo no que se cruzan unha serie de variedades sincronicas, dialectais, socioculturais e situacionais. Para poder realizar o estudo e descricion dunha lingua e necesario acoutar e seleccionar, dentro da sua variacion interna, unha modalidade sincronica, unha variedade xeografica, un nivel de lingua e un rexistro linguistico. A variedade estandar e unha das linguas funcionais que se da nunha lingua historica. Esta variedade, correspondente ao nivel medio e ao rexistro formal, debe concordar cos habitos xerais da lingua.

Desde o comezo da historia o ser humano creou codigos para comunicarse. As linguas podense agrupar de varias maneiras. Forman unha familia as linguas que derivan dunha mesma lingua. O indoeuropeo e o conxunto de idiomas que se estenderon entre a india e o oeste de europa e que teñen unha orixe comun e unhas semellanzas linguisticas. As linguas romanicas derivan do latin. A expansion do imperio romano provocara que o latin se expanda polos territorios dominados. Actualmente existen no mundo unhas 6 ou 7 mil linguas ainda que so estan censadas 4 ou 5 mil. As linguas podense clasificar en: linguas con estado e linguas sen estado, linguas oficiais en mais dun estado, estados unilingues, estados plurilingues. Na peninsula existen varias linguas: o galego, falada en galicia e en zonas estremeiras de asturias e das provincias de leon e zamora. Catalan: falado en toda cataluña, nas baleares, no pirineo oriental, andorra, valencia e norte de murcia. O castelan e a lingua oficial en 22 estados. Falase en España e sudamerica e america central .O euscaro e a unica lingua preindoeuropea existente na europa occidental, falase no pais vasco, norte de navarra e suroeste de francia. O portugues e unha das linguas mais espalladas por todo o mundo . O asturiano falase principalmente na provincia de asturias. O aragones so se manten como lingua falada nalguns vales de huesca. O aranes falase no val d'Aran

Entradas relacionadas: