Arte visigodo: Igrexa de pequenas dimensións
Clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 2,48 KB
Igrexa visigoda de pequeñas dimensións
de planta de cruz grega prolongada pola capela maior nun lado e por un pórtico no outro (no eixe leste-oeste). Arredor tiña cellas ou cámaras de oración das que só queda unha, que lle daban ó conxunto unha forma rectangular.
Sobre o cruce das dúas naves hai un corpo cuadrangular (ciborio) cuberto por un tellado a catro augas cunha ventana abucinada a cada lado.
No exterior os volumes aparecen claramente xerarquizados, van escalonándose desde o elevado ciborio (cuberta por un tellado a catro augas cunha ventana a cada lado) ata os brazos do cruceiro e á
ábsida, creando un efecto proporcionado e harmónico.
Interior sinxelo
As naves dos catro brazos da cruz están cubertas por bóvedas de canón construídas con ladrillo de tipo romano e rematan no cuadrado central en arcos de ferradura. Os arcos repousan directamente na parede sobre repisas decoradas e xúntanse de a dous en cada esquina.
No cruce das naves, o ciborio está cuberto por unha bóveda de aresta feita con ladrillos (postos coa técnica de espiña de pez ao modo romano). Hai xerarquización en altura.
Decoración sinxela
A decoración resulta sinxela e escasa, centrándose no capiteis, cimacios e impostas. Unha cinta sogueada percorre toda a liña de impostas do cruceiro e o arranque das bóvedas de canón; unha orla a bisel formando un roelo con frores, follas e racimos percorre a ábsida e rodea a fiestra, está claramente conectada simbolicamente coa Eucaristía. A edificación viviu sucesivas restauracións, e esa cinta sogueada conecta coa arte astur. Tamén é de destacar a celosía da fiestra de mármore da ábsida, formada por semicírculos que cabalgan uns sobre outros.
Ábsida cuberta por bóveda de canón
Está separado do resto da igrexa por un arco toral en forma de ferradura, con doelas irregulares e sen clave. O arco toral apóiase en dous capiteis sobre columnas de mármore negro, que son romanas reutilizadas igual que algún dos capiteis. As columnas teñen o fuste liso con distinta basa e as dúas primeiras columnas teñen unha entalladura onde se colocaría un cancelo (para pechar), hoxe desaparecido. Os capiteis, de distinta cronoloxía, son corintios, e o máis antigo está realizado a trépano. Encima de cada par de capiteis hai un amplo cimacio sogueado. Habería unha importante separación entre os celebrantes da ceremonia relixiosa (monxes ou presbítero) e os asistentes á liturxia.