Cantigas, prosa medieval y bilingüismo en galego: guía de contenidos clave
Cantigas de escarnio e maldicer
As cantigas de escarnio e maldicer é un xénero que procede da confluencia dun xénero provenzal cunha tradición satírica e de carácter oral.
A lírica relixiosa
A lírica relixiosa está representada polas Cantigas de Santa María, compostas por Afonso X o Sabio:
- Cantigas narrativas: contan os milagres realizados pola Virxe.
- Cantigas líricas: composicións en forma de oracións, loanzas e cancións en honra de María.
A temática é moi variada: algunhas cantigas relatan milagres, mentres outras manifestan situacións verdadeiras.
Prosa medieval
Prosa de ficción
Versións ao galego de obras que circulaban por Europa.
Prosa non narrativa
De carácter histórico, xurídico, didáctico, etc.
Prosa de ficción
- Ciclo clásico: relatos sobre a guerra e destrución de Troia.
- Ciclo artúrico: relatos que narran as aventuras do rei Artur.
- Milagres de Santiago: versións ao galego dunha obra latina.
Prosa non narrativa
- Prosa historiográfica: conxunto de narracións históricas, como a Crónica Xeral Galega.
- Prosa xurídica e didáctica: ordenanzas municipais, tratados sobre enfermidades e coidado de animais.
Bilingüismo
O bilingüismo é un fenómeno individual e tamén colectivo.
- Individual: refírese á capacidade que ten unha persoa para comunicarse en dúas linguas.
- Colectivo: prodúcese cando nun mesmo territorio conviven dúas linguas.
A diglosia dáse cando as linguas en contacto non están en situación de igualdade.
As linguas maiorizadas son aquelas utilizadas por moitos falantes, e as linguas minorizadas son as que, nunha situación de inferioridade dentro da propia comunidade lingüística, se atopan en desvantaxe.
Uso das maiúsculas
Escríbense con maiúscula inicial:
- Ao comezo dunha oración e despois de punto.
- Despois dos dous puntos (encabezamento de cartas).
- Nos antropónimos (nomes e apelidos de persoas).
- Nos topónimos (nomes de lugares).
- Nos substantivos e adxectivos que designan institucións.
- En publicacións periódicas.
- Nos nomes de etapas históricas.
- Nos movementos artísticos (O Romanticismo).
- Nas formas abreviadas (Dra.).
- Nos nomes de materias.
- En todas as letras: EN TODAS AS LETRAS.
- Nas siglas.
- Nos símbolos dos puntos cardinais.
Escríbense con minúscula inicial:
- As formas de tratamento.
- Os días, os meses e as estacións.
- As profesións.
- Os xentilicios.
Os determinantes
- Artigos: o, a, os, as.
- Formas contraídas: ao, á, aos, ás, co, coa, etc.
- Demostrativos: indican unha posición (este, ese, aquel).
- Pronomes: substitúen ao substantivo; os neutros son isto, iso, aquilo.