Características de la Nova Narrativa Galega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,66 KB

A NOVA NARRATIVA GAL.

CARACTERÍSTICAS:Adoita indicarse como data fundacional 1956, ano en que se publica Memorias de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo. Cara a Times Square (1980) é a novela de Camilo Gonsar que pon fin ao movemento. As novelas e relatos da NNG presentan, en conxunto, os seguintes trazos:Fuxida da localización concreta dos espazos.Preferencia por ambientes urbanos periféricos e por espazos claustrofóbicos, sórdidos ou enigmáticos.Fusión desacougante e inquietante de realidade e fantasía.Redución temporal ao maximo.Contestación da idea de argumento e negación da acción. Esixencia dun lector competente e activo.Pluralidade de voces narrativase alternancia de narradores homodiexéticos e heterodiexéticos. Tratamento intensivo do tema do absurdo existencial. Esta narrativa manexa personaxesantiheroicais e problemáticas, sumidas en situacións patolóxicas e con personalidades desequilibradas ou traumatizadas.Presenza reiterada da violencia, da agresividade e da tensiónnas relacións humanas. Práctica de intertextualidade, con abundantes referencias literarias e culturais, uso de textos ou fragmentos doutros autores, repetición de temas e motivos doutras obras, influxos doutras artes como o cinema, a pintura e o cómic.

Camilo González Suárez-Llanos

(Sarria, 1931 – Vigo, 2008)Lonxe de nós e dentro (1961), conxunto de cinco relatos.Como calquer outro día (1962), novela que xira arredor dun individuo que vive en Madrid e lembra diferentes instantes do seu pasado. Moito despois, asinando co pseudónimo de Camilo Gonsar, editou as novelas como Cara a Times Square (1980). Pouco antes de morrer saíu do prelo o volume recompilatorio Relatos completos 1961-1995 (2008). A súa narrativa caracterízase pola reflexión sobre a identidade, unha implícita máis que expresa visión crítica da sociedade, o recurso a ambientes contemporáneos, a procura de argumentos pouco convencionais e o constante apelo a un lector non acomodado.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)A súa obra narrativa pódese organizar en tres ciclos narrativos:Primeiro ciclo creativo. Percival e outras historias (1958), 14 contos caracterizados pola creación dun clima de misterio e terror e a mestura de elementos míticos e cotiáns e a presenza do mundo lendario celta. O crepúsculo e as formigas (1961) é un libro de relatos que abordan temas como a violencia, a morte, o medoque se desenvolven nun ambiente urbano cheo de sordidez, con personaxes patolóxicas e marxinais. Arrabaldo do norte (1964), a súa primeira novela, segue a técnica obxectivista do nouveau roman francés. Con esta novela pecha un ciclo que o tiña situado entre os máximos expoñentes da NNG.Segundo ciclo narrativo.Retorno a Tagen Ata (1971), é unha obra de política-ficciónonde se explica de xeito alegórico a aparición do nacionalismo revolucionario galego e a ruptura co piñeirismo. Elipsis e outras sombras (1974) formado por relatosonde se reflicte a violencia institucional contra os inconformistas.Antón e os inocentes (1976), a súa segunda novela. Está protagonizada por estudantes, que nos anos 50 exploran o pasado oculto do país e enfróntanse á realidade da inxustiza imperante. Crónica de nós (1980), oito relatos, o mundo das guerrillas dos anos 40, o ambiente universitario compostelán do tardofranquismo, o universo interno da UPG


terceiro ciclo creativo,Amor de Artur (1982), conxunto de relatosque recrean os mitos bretóns ou artúricos.Arnoia, Arnoia (1985) protagonizada por un adolescente, presenta unha atmosfera mítica. Bretaña, Esmeraldina (1987), volve ao tema da vida no cárcere e a represión política. Arraianos(1991). Dez relatos de temática variada ambientandos na “raia”, a fronteira terrestre galaico-portuguesa. No ventre do silencio (1999). Retrato social e ideolóxico da Compostela dos seus tempos de estudante, dominada polo espírito mediocre, fanático e atafegante do franquismo.

Gonzalo Rodríguez Mourullo (Calo-Teo, 1935)Avogado de profesión, é autor de dúas obras: Nasce un árbore (1954), libro formado por tres relatos; e Memorias de Tains (1956), volume con oito relatos que adoptan forma de carta e teñen trabazón entre si. Os relatos-cartas representan fragmentos da historia dunha cidade, Tains, arruinada e destruída. A crítica é unánime á hora de considerar este libro un dos cumios da NNG.

///María Xosé Queizán (Vigo, 1939)Iniciouse literariamente con A orella no buraco (1965), típica novela obxectualista moi influenciada polo nouveau roman. Dividida en tres capítulos, céntrase na biografía dun emigrante fracasado que regresa a Galicia e finalmente morre. A narrativa posteriortomará outros roteiros, abordando problemáticas sociais diversas (a sida, a transexualidade, a homosexualidade, a violencia política e de xénero...) desde unha perspectiva marcadamente progresista e feminista. Visita diferentes momentos do pasado: época do Priscilianismo (século IV), a prehistoria das tribos atlánticas, o Vigo republicano e da inmediata posguerra...Amantia(1984), A semellanza (1988), Amor de tango (1992), O solpor da cupletista (1995), ¡Sentinela alerta! (2002), Meu pai vaite matar (2011), A boneca de Blanco Amor(2014) e Son noxento (2015) son algún dos seus títulos máis destacados. //Xohana Torres (Santiago, 1931)Como narradora, Xohana Torres gañou en 1970 o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires coa novela Adiós María, impoñéndose a Xente ao lonxede Blanco Amor. Adiós, María é unha novela iniciática que aborda , desde a perspectiva dunha adolescente e con técnica innovadora (uso do monólogo interior, tempo subxectivo), a problemática da integración dunha familia de procedencia rural no mundo urbano dunha cidade (Vigo) en Galicia.

Entradas relacionadas: