Celso Emilio Ferreiro e a Promoción de Enlace: Rexistros, Estilo e Autores Clave da Poesía Galega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,1 KB

Celso Emilio Ferreiro: Vida, Obra e Rexistros Poéticos

Celso Emilio Ferreiro é unha figura central da literatura galega. A súa obra destaca pola súa sinxeleza expresiva e o seu profundo compromiso social.

Obras Representativas de Celso Emilio Ferreiro

Entre os títulos máis representativos atópanse:

  • O soño sulgado
  • Longa noite de pedra
  • Viaxe ao país dos ananos
  • Cantigas de escarnio e maldicir
  • Antipoemas
  • Onde o mundo se chama Celanova

Os Tres Rexistros Poéticos de Celso Emilio

A súa poesía está dominada por tres rexistros básicos: o cívico, o intimista e o satírico, os cales se manifestan entretecidos nas súas obras.

Rexistro Cívico (Compromiso Social)

Como poeta cívico, Celso Emilio conecta a súa traxectoria coa tradición de Curros Enríquez e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así, son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo, a liberdade, ou tamén a solidariedade cos que sofren.

Rexistro Intimista (O Eu e a Existencia)

Ademais, o autor é poeta intimista. A cotío sente a necesidade de plasmar o sentir do seu eu ante a realidade. Son poemas nos que trata, por exemplo, a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, ou a nostalxia da infancia.

Rexistro Satírico (Crítica e Ironía)

Polo seu rexistro crítico, tamén é Celso Emilio poeta satírico, conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están presentes en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo.

Estilo e Linguaxe

No tocante ao estilo e á lingua, a lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe aproxímase en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da fala cotiá.

O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola abundancia de recursos repetitivos: paralelismo, anáfora.

A Promoción de Enlace: Contexto e Autores

Os autores que reunimos baixo esta denominación non gardan unha coherencia de grupo estrita, pero si é posible atopar neles puntos comúns que definen a súa xeración.

Características Comúns da Promoción de Enlace

Os trazos que definen a Promoción de Enlace son:

  • Naceron case todos entre 1920 e 1930.
  • A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos da posguerra.
  • Por iso, carecen da influencia directa da Xeración Nós ou das vangardas da preguerra.
  • Foron nos seus comezos escritores bilingües.
  • Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.

Autores Destacados

Entre os autores englobados neste grupo destacan:

  • Antón Tovar
  • Luz Pozo Garza
  • Manuel Cuña Novás
  • Xosé Neira Vilas

Antón Tovar: Poesía Existencial e Social

Antón Tovar é un dos poetas máis representativos da Promoción de Enlace, evolucionando desde o existencialismo cara a unha lírica máis social e vitalista.

Principais Poemarios de Antón Tovar

Os poemarios máis importantes son:

  • Arredores
  • Non
  • O vento no teu colo
  • Calados esconxuros
  • A nada destemida

Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social, ten como temas esenciais: a conciencia do "eu" e da soidade, e a tensión entre angustia existencial e esperanza. A partir de O vento no teu colo e Calados esconxuros apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar complementa a liña existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo vitalista.

Entradas relacionadas: