Clasificación e Localización das Áreas Industriais en España: Eixos de Expansión e Tipoloxías

Clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 2,97 KB

Clasificación e Localización das Áreas Industriais en España

O seguinte documento presenta unha análise xeográfica das zonas industriais actuais en España, baseada nun mapa temático que utiliza cores (vermello, laranxa, celeste) e puntos negros para a súa representación.

1. Identificación e Caracterización do Documento

Estamos diante dun mapa temático que amosa a localización das áreas industriais españolas nos tempos actuais. Podemos caracterizalo como mapa corocromático, pois as diferentes provincias están sinaladas con cores variadas, segundo o tipo de área industrial do que esteamos a falar.

(A excepción atopámola en Zaragoza, onde só se destaca como “área ou eixo en expansión” a zona que se corresponde co val do Ebro).

Clasificación das Áreas Industriais (Lenda)

A lenda destaca catro tipos de áreas:

  • Cor Vermella: Áreas industriais desenvolvidas.
  • Cor Laranxa: Áreas ou eixos en expansión.
  • Cor Laranxa Claro: Áreas ou eixos en declive.
  • Cor Celeste: Áreas de industrialización inducida e escasa.

O mapa inclúe tamén símbolos proporcionais (figuras), referidos ao tamaño do emprego (se ben a lenda é incompleta ao respecto). Non inclúe fonte de procedencia nin data.

2. Características das Áreas Industriais en Expansión

As áreas e eixos industriais en expansión localízanse principalmente en dous eixos nacionais, que conxuntamente forman o “Y” mediterráneo, unha área de expansión económica clave en España a diferentes niveis.

Eixos Nacionais de Expansión

Os eixos de expansión son:

  1. Eixo do Val do Ebro: Engloba A Rioxa, Navarra e a parte central da provincia de Zaragoza.
  2. Eixo do Mediterráneo: Inclúe Cataluña, Comunidade Valenciana e Murcia.

Estes eixos atraen diversas industrias nacionais e EMNs (Empresas Multinacionais), mais tamén están relacionadas con cidades de antiga tradición industrial e coa industria rural, tan significativa nas pequenas localidades levantinas.

Expansión Rexional e Local

A nivel rexional, destacan outros eixos importantes:

  • Madrid - Castela-A Mancha.
  • Tordesillas - Palencia - Valladolid.

Nestas áreas de expansión podemos diferenciar as coroas metropolitanas e as franxas periurbanas, onde se instalan industrias en declive, mais tamén tradicionais, novas ou deslocalizadas desde as áreas centrais co obxecto de reducir custos. Son industrias pequenas, con escaso capital, traballo pouco cualificado, subcontratas, etc.

Ademais, hai empresas innovadoras nos parques tecnolóxicos. Por último, algunhas áreas rurais recibiron a instalación de industrias xeralmente de producións tradicionais, aproveitando os recursos da contorna.

Entradas relacionadas: