Colonialismo e Imperialismo: Causas, Expansión e Consecuencias
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 8,11 KB
O colonialismo:
O colonialismo é a dominación política, económica ou cultural que os Estados europeos exerceron sobre os novos territórios.
O imperialismo é a política aplicada por estas potências, que lhes permitiu estender o seu domínio sobre a maior parte do mundo.
As causas do colonialismo:
-Económicas: Europa vivía unha crise de superproducción e a industria necesitaba mercados que absorbesen os seus produtos.
-Políticas: Predominaban as esixencias estratéxias, pero tamén houbo outras motivación como a consolidación do sentimento nacional.
-Demográficas e sociais: O aumento da poboación supuxo serios problemas como a falta de traballo que xerou numerosas protestas. A emigración ás colonias foi a resposta á presión demográfica.
-Ideolóxicas: Os europeos estaban convencidos da superioridade do home branco.
A expansión do colonialismo:
O desenvolvemento industrial potenciou o interese por territorios descoñecidos, xa que ofrecían numerosos recursos naturais, humanos e mercantís á metrópole. África, Asia e Oceanía pronto foron continentes ocupados polas grandes potencias europeas para a súa dominación política e a súa explotación económica.
A explotación colonial:
A colonia:
Foi a modalidade de dominio máis empregada e tivo 3 variantes:
-Colonias de explotación: Se instalaron grandes empresas, funcionarios e militares para explotar os recursos naturais.
-Colonias de poboamento: Se instalaron grandes continxentes de inmigrantes para explotar a terra e desaloxar aos indíxenas.
-Colonias de posición: Son territorios que a metrópole consideraba estratéxicos.
Outras formas de dominación:
-Concesións: Eran territorios que os gobernos de países independentes lles cedían ás potencias colonizadoras e que favorecían os intereses comerciais desas potencias.
-Protectorados: Eran territorios onde a política interior estaba nas mans do goberno indíxena, mentres que a actividade exterior e a súa riqueza eran xestionados pola metrrópole.
-Territorios metropolitanos: Eran territorios considerados unha prolongación do país colonizador, e os seus habitantes estaban representados nas institucións da metrópole.
-Dominios: Eran territorios suxos habitantes obtiveron certo grao de autogoberno.
Os imperios coloniais:
O Reino Unido constituíu o maior imperio colonial da época contemporánea, con posesións repartidas por todos os continentes.
-Francia foi a segunda potencia colonial da época. Estendeu os seus dominios por África.
-Alemaña, cunha política agresiva xa que se atopou coa maior parte dos territorios ocupados.
-Bélxica fíxose co control do Congo.
-Italia estendeuse por algúns territorios do continente africano.
-Os Países Baixos controlaban a Compañía das Indias Orientais Holandesas.
-Rusia completou a expansión cara ao sur, ata a India e por Siberia ata o Pacífico.
-España e Portugal viron reducidos os seus dominios durante o século XIX. España perdeu as súas últimas colonias en América e Filipinas.
Os imperios non-europeos:
O continente americano estaba baixo a influencia política e económica de Estados Unidos, que tamén pasou a controlar Filipinas, Porto Rico e Cuba. Tras a primeira guerra chinesa-xaponesa, Xapón conseguiu a illa de Formosa. Así mesmo despois de derrotar ao Imperio ruso na guerra ruso-xaponesa, fíxose con algunha illas do Pacífico e Corea.
A primeira Guerra Mundial:
O confilto enfrontou principalmente as potencias europeas e maior parte dos combates podrucíronse en Europa.
As causas do conflito:
-As discrepancias coloniais: En dúas ocasión Alemaña presionou para evitar a creación do protectorado francés en Marrocos.
-O nacionalismo nos Balcáns: O declive do dominio do Imperio Otomán nesta rexión foi paralelo a 2 feitos: a auxe dos nacionalismos e o interese dos imperios ruso e austrohúngaro por ampliar a súa área de influencia política e económica sobre este territorio. Finalmente as tensións estalaron nas dúas Guerras dos Balcáns.
A paz armada:
Baseábase na formación dun sistema de alianzas e pactos militares que favoreceu a configuración de dous bloques enfrontados.
Os países belixerantes:
-A Tripla Alianza: Estaba formada polo Imperio Alemá, Austrohúngaro e Italia. Respondía á política do chanceler alemá para conseguir o primeiro posto na política mundial.
-A Tripla Entente: Francia e o Reino Unido asinaron o pacto Entente Cordiale en 1904. A alianza ampliouse coa incorporación do imperio ruso en 1907.
O desenvolvemento da guerra:
Guerra de movementos(1944):
Alemaña mobilizou os seus efectivos na primeira fase do conflito, na guerra de movementos. O obxectivo era o avance rápido pola fronte occidental para poder concentrar os seus esforzos na fronte oriental.
A residencia francesa na batalla do Marne, freou o avance alemá na fronte occidental. Desta maneira as potencias centrais non conseguiron o seu obxectivo na fronte occidental. Alemaña conseguiu unha vitoria na fronte oriental e detivo o avance das tropas rusas en Tannenberg.
Guerra de posesións(1915-1917):
Esta fase caracterizouse pola guerra de trincheiras e o usi de metralladoras, lanzachamas e gases asfixiantes co obxectivo de provocar o máximo desgaste. En 1915, os aliados plantearon arrebatarlle a Turquía o estreito de Dardanelos. Para iso, levaron a cabo o desembarque e posterior batalla de Galípoli, pero fracasou e as perdas foron cuantiosas para a Tripla Entente. En 1916, tiveron lugar as dúas grandes batallas da fronte roccidental: a batlla de Verdún e a batalla do Somme. En 1917, Estados Unidos entrou na guerra do bando dos aliados e iniciouse a Revolución rusa. A principios de 1918, o goberno soviético asinou coas potencias centrais o Tratado de Brestlitovsk que puxo fin a participación rusa no conflito.
Cara á fin da guerra(1918):
A entrada de Estados Unidos na guerra proporcionou importantes recursos materiais e humanos á Tripla Entente. Reiniciouse neste momento a guerra de movementos. Tras varias ofensivas alemás fracasadas e numerosos amotinamentos nas cidades, instaurouse a república en Alemaña. En novembro de 1918 asinouse a Conferencia de Paz en París, que concluíu coa firma de varios tratados, entre os que destacou o Tratado de Versalles, asinado con Alemaña.
Valoración da guerra:
A guerra total:
A Primeira Guerra Mundial considérase unha guerra total por 3 motivos:
-Polas súas dimensións: Afectou a toda a poboación e non só ao estamento militar.
-Pola súa extensión: Foi a primeira guerra que implicou a poboación de todos os continentes.
-Polas baixas: Durante os 4 anos da guerra houbo unha media de 6.000 mortos diarios.
As consecuencias da guerra:
-Consecuencias demográficas: Provocou terribles perdas, descendeu a poboación activa, disminuíu a natalidade e aumentou a mortalidade, o que ocasionou fortes equilibrios demográficos.
-Consecuencias económicas: Producíronse importantes destruccións materiais. En Francia, o país máis afectado, destruíronse poboacións enteiras e campos de cultivo. A reconstrucción foi lenta e custosa e a escasez de materias primas, alimentos e man de obra provocou unha grave crise económica que levou ao endebedamentos dos países europeos.
-Consecuencias sociais: A deteorización do nivel de vida dos traballadores incrementou o malestar e a axitación social. Por iso se produciu unha ondada de folgas en toda Europa que lles afectaron ás industrias e aos transportes.
-Consecuencias políticas: A guerra transformou as fronteiras europeas: producíronse a caída dos imperior autoritarios e a abolición das súas respectivas monarquías.