Compoñentes Internos Esenciais dun Ordenador

Clasificado en Informática

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

Caixa ou Bastidor (CPU)

Na caixa podemos atopar diferentes elementos:

  • Placa Base (Motherboard)

    Placa electrónica onde se conectan todos os dispositivos do ordenador.

    Ranuras de expansión (slots): permiten engadir novos compoñentes ao ordenador (tarxeta de son, tarxeta gráfica, rede, módem, ...).

    Conectores IDE (ATA, SATA): unen o disco duro, CD, DVD.

    O "chipset": conxunto (set) de chips que se encargan de controlar determinadas funcións do ordenador, como o xeito en que interacciona o microprocesador coa memoria, a caché, ou o control dos portos e slots ISA, PCI, AGP, USB...

    Da calidade e características do chipset dependerán:

    • Obter o máximo rendemento do microprocesador.
    • As posibilidades de actualización do ordenador.
    • O uso de certas tecnoloxías máis avanzadas de memorias e periféricos.
  • Fonte de Alimentación

    Dá corrente eléctrica a todo o equipo. Transforma a corrente alterna en continua e reduce a voltaxe de 220 voltios a 10-12 voltios.

  • Microprocesador

    É o cerebro do ordenador, no seu interior hai millóns de transistores. Leva colocado enriba un ventilador para que non se quente demasiado.

    As súas Características son:

    • Frecuencia de reloxo: marca o ritmo de traballo. Un microprocesador a 4 xigahercios (GHz) recibe 4.000 millóns de impulsos cada segundo.
    • Número de bits que poden utilizar nas súas operacións: 32 bits, 64 bits.
    • Memoria caché: Memoria que vén incorporada no propio microprocesador, moi rápida pero de pouca capacidade.
    • Número de núcleos ou procesadores: Os equipos veñen con dous ou catro microprocesadores integrados, de xeito que se reparten as tarefas.
  • Memoria

    Aquelas que utiliza o ordenador nos seus procesos de funcionamento, non para almacenar datos. Isto último realízano as unidades de almacenamento. Almacenan os datos e as instrucións dos programas. Hai catro tipos:

    • a) Memoria ROM BIOS: Almacena datos que permiten o ordenador arrancar e comunicarse con outros elementos. Non se pode modificar e non se borra ao apagar o ordenador.
    • b) Memoria RAM: Almacena temporalmente os datos e programas que se están executando. Pódese modificar e pérdese cando se apaga o ordenador.
    • c) Memoria caché: A memoria RAM non pode traballar á velocidade do microprocesador, por iso se coloca unha memoria máis rápida denominada caché que almacena os datos que o microprocesador utiliza con máis frecuencia.
    • d) Memoria CMOS RAM: Pequena memoria que almacena a data e hora, contrasinais da BIOS, características do hardware. Mantense grazas á pila que hai na placa base.
  • Sistemas de almacenamento da información

    É onde se almacena a información coa que traballamos no ordenador.

    Pódese almacenar en:

    • Disco duro
    • Disquete
    • CD
    • DVD

    Conéctanse mediante cables chamados BUSES, un extremo ao elemento e outro á placa base.

Entradas relacionadas: