Conceptos Clave de la Historia Española del Siglo XVIII

Clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB

Antigo Régime

Término acuñado durante la Revolución Francesa para designar al sistema político, económico y social imperante en Europa antes de 1789, caracterizado por la monarquía absoluta, el predominio de una economía rural y una sociedad estamental dividida en privilegiados y no privilegiados.

Tratado de Utrecht

Acordo de paz asinado en 1713 para poñer fin á Guerra de Sucesión. Neste tratado recoñecese a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio da renuncia á Coroa de Francia. Ademais, España perde numerosos territorios en Europa (Xibraltar, Menorca, Países Baixos, Nápoles…) e debe conceder a Gran Bretaña un navío de permiso para comerciar con América e o asento de negros, é dicir, o monopolio do abastecemento de escravos a América.

Nova Planta

Conxunto de disposicións ditadas por Felipe V a principios do S. XVIII para Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña que van a supoñer a abolición dos seus privilexios, a supresión das súas institucións políticas (Cortes, Consellos) e a transformación dos seus reinos en provincias gobernadas no nome do rei por un capitán xeneral. Deste modo, vaise impoñer nos reinos da Coroa de Aragón o modelo de organización político-administrativa de Castela.

Ensenada

Inventario de todas as propiedades dos habitantes da Coroa de Castela realizado a mediados do S. XVIII, durante o reinado de Fernando VI, polo marqués de Ensenada. Este catastro elaborouse con fins fiscais coa idea de establecer en Castela un novo modelo de cobro de impostos (inspirado no catastro catalán) que consistía no establecemento dunha cota fixa que se repartía proporcionalmente entre todos, incluídos os estamentos privilexiados. A forte resistencia destes impedíu a súa aplicación.

Ilustrado

Forma de goberno propia das monarquías absolutas do S. XVIII que realizan reformas seguindo as ideas da Ilustración pero sen ter en conta a opinión das masas (“todo para o pobo pero sen o pobo”) e sen modificar o sistema político-social vixente de monarquía absoluta e sociedade estamental.

Regalismo Borbónico

Doutrina política e xurídica, da que Carlos III foi firme partidario, que afirmaba a superioridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban. Busca así crear unha Igrexa sometida ao rei, poder influír no nomeamento de cargos eclesiásticos ou poder autorizar a publicación e difusión dos escritos do Papa no propio reino.

Esquilache

Revolta popular acontecida en Madrid en 1766 contra as medidas de saneamento e orde pública tomadas polo ministro Esquilache. Trátase dunha revolta complexa na que se uniron o malestar da poboación pola carestía e alto prezo do pan, e xenofobia debido á abundancia de ministros italianos no goberno e á resistencia dos privilexiados ás reformas ilustradas de Carlos III.

Entradas relacionadas: