Conceptos Fundamentais da Economía, Industria e Medio Ambiente
Clasificado en Francés
Escrito el en
español con un tamaño de 3,23 KB
Conceptos Clave da Economía e Sostibilidade
Denominación de Orixe
Concepto administrativo que fai referencia á distinción que se outorga a certos produtos, xeralmente de alta calidade, para distinguir o seu lugar de procedencia e evitar así falsificacións e invasións de mercado. Cumpren normas superiores ás obrigatorias de calidade estándar.
Exemplos en Galicia:
- Viño Rías Baixas
- Pan de Cea
- Pementos de Herbón
- Tarta de Santiago
- Tenreira Galega
Silvicultura
Ciencia ou actividade que ten por obxectivo o cultivo, a conservación e o aproveitamento dos montes. O seu principal cometido é a explotación da madeira ou a resina, aínda que tamén actúa sobre a protección e a rexeneración dos montes e os seus solos, sobre a prevención de incendios e de pragas, e sobre o desenvolvemento doutros usos que pode ofrecer o monte.
Enerxías Renovables
Tipo de enerxías que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.
Tipos de enerxías renovables:
- Hidroeléctrica
- Eólica
- Solar
- Xeotérmica
- Maremotriz
- Biomasa
- Biocombustibles
Industrias Verdes
Empresa industrial que se compromete a reducir o impacto ambiental da súa produción a través da eficiencia dos seus recursos, do uso coidadoso de substancias químicas e integrado dos residuos, da substitución das enerxías fósiles por renovables e do ecodeseño dos bens no mercado.
Industria 4.0
A Cuarta Revolución Industrial, actualmente en marcha, implica a utilización de novas tecnoloxías como a robótica, a intelixencia artificial, a nanotecnoloxía e a internet das cousas, entre outras. Todo iso debe repercutir nunha automatización das tarefas e unha dixitalización industrial que quizais reverta o proceso de deslocalización industrial promovido polo neoliberalismo de finais do século XX.
Deslocalización Industrial
Traslado dunha actividade industrial dun país ou rexión a outro lugar, coa finalidade de abaratar custos. Co proceso de globalización da economía posto en marcha polas políticas neoliberais, moitas grandes empresas dos países máis ricos aproveitaron esta estratexia para situar as súas plantas de produción en países menos desenvolvidos, onde os salarios son máis baixos.
Descarbonización
Política enerxética consistente na redución paulatina das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) xeradas pola actividade humana. Implica o peche, por exemplo, de centrais térmicas baseadas na combustión de carbón, á par que se fomenta o incremento de enerxía xerada a partir da utilización de enerxías renovables (hidroeléctrica, eólica ou solar).