Conceptos Fundamentales de Biología: Plantas, Sistema Nervioso y Hongos

Clasificado en Biología

Escrito el en español con un tamaño de 4,34 KB

Fisiología Vegetal: Estructura y Procesos

1. Partes da Raíz e Absorción

  • Pelos radiculares
  • Epiderme
  • Endoderme (Banda de Caspari)
  • Xilema
  • Floema

Os pelos radiculares son os que absorben a auga e os sales minerais. A banda de Caspari filtra esa auga e sales minerais antes de que cheguen ao xilema, asegurando que a planta absorba de maneira eficiente e segura só os nutrientes útiles, protexéndoa de substancias daniñas ou innecesarias.

2. Mecanismos de Transporte de Auga

Tensión – Adhesión – Cohesión

  • Presión radicular por entrada osmótica de auga.
  • Transpiración: Tensión por perda de auga nas follas, grazas á cohesión das moléculas de H2O.
  • Adhesión-cohesión das moléculas de auga ao longo dos vasos leñosos (capilaridade).

Os fenómenos de capilaridade débense ás pontes de hidróxeno nas moléculas de auga.

Sistema Nervioso: Definicións Clave

As neuronas son as células encargadas de recibir e transportar información en forma de impulsos nerviosos.

3. Definicións

Sinapse

A sinapse é a conexión funcional entre dúas neuronas ou entre unha neurona e outra célula, que permite a transmisión de sinais nerviosos.

Impulso Nervioso

Un impulso nervioso é unha sinal eléctrica que viaxa ao longo dunha neurona para transmitir información.

Axón

É unha parte da neurona por onde o impulso nervioso viaxa cara a outras células. A terminación deste recibe o nome de telodendrón ou botón terminal. Transportan información desde o corpo celular, poden estar cubertos de mielina e ramifícanse ao longo do axón.

Capa de Mielina

Capa que envolve o axón ou fibra nerviosa dunha neurona para favorecer a condución do sinal nervioso.

Reino Fungi: Características dos Fungos Pluricelulares

4. Fungos Pluricelulares

Os fungos pluricelulares non teñen verdadeiros tecidos, senón que as súas células agrúpanse formando uns filamentos chamados hifas. O conxunto de hifas recibe o nome de micelio. Nalgúns fungos como o níscalo ou o champiñón obsérvase unha parte visible denominada seta que se correspóndese co aparello reprodutor, e que só aparece temporalmente cando o fungo se vai reproducir.

Exemplos de Fungos

  • Zigomicetos (mofos)
  • Ascomicetos (trufas ou leveduras)
  • Basidiomicetos (cogomelos)

Fisiología Vegetal: Función dos Estomas

5. Función dos Estomas

A apertura dos estomas provoca o intercambio de CO2 e O2.

Conceptos Biolóxicos: Verdadeiro/Falso

6. Afirmacións: Verdadeiro/Falso

  • Os protozoos son protoctistas. Verdadeiro
  • Os musgos son cormófitos. Falso, son talófitos.

Bioloxía Celular e Anatomía: Preguntas Clave

7. Preguntas de Opción Múltiple

  • Parte da mitosis na que se dividen os citoplasmas: Citocinesis
  • Que parte se acorta nun músculo estriado: Sarcómero

Procesos Vitais nas Plantas

8. Procesos Esenciais

Absorción de H2O e Sales Minerais

Os pelos radiculares situados na raíz da planta absorben auga e sales minerais (zume bruto) que se filtran na banda de Caspari antes de entrar ao xilema e ser transportado ás follas.

Fotosíntese

Nas follas, a auga xúntase co CO2 e, coa axuda da luz solar, prodúcese glicosa que serve como alimento para a planta (zume elaborado) e libérase osíxeno.

Distribución

O zume elaborado distribúese polo floema a toda a planta.

Clasificación de Plantas: Monocotiledóneas e Dicotiledóneas

9. Características Distintivas

Monocotiledóneas

  • Flores con perianto xeralmente en múltiplos de tres.
  • Follas acintadas paralelinervias.
  • Feixes condutores dispersos.
  • Raíz fasciculada.
  • Semente cun cotiledón.

Dicotiledóneas

  • Flores con cáliz e corola diferenciados, xeralmente en múltiplos de catro ou cinco.
  • Follas laminares penninervias.
  • Feixes condutores dispostos en anel.
  • Raíz axonomorfa ou pivotante.
  • Semente con dous cotiledóns.

Entradas relacionadas: