Conceptos Xeomorfolóxicos Fundamentais e Formas do Relevo Terrestre

Geología3,6 KB

Introdución aos Conceptos Xeomorfolóxicos

A xeomorfoloxía estudia as formas da superficie terrestre e os procesos que as crean e modifican. A continuación, analízanse os conceptos clave relacionados co relevo, a dinámica fluvial e mariña, e a tectónica.

Formas Litorais e Costeiras

Esteiro

Fenómeno xeomorfolóxico oposto aos deltas. Extensión mariña próxima á desembocadura dun río na que as interaccións do mar e do río son notables. En Galicia son habituais.

Ría

Val fluvial anegado en parte ou na totalidade polas augas do mar. Son o fenómeno máis característico da costa galega. Na súa formación poden intervir a acción erosiva dos ríos, cambios do nivel do mar, tectónica e factores litolóxicos. Distínguense 3 tipos de rías:

  • Rías en unil
  • Rías de orixe tectónica
  • Rías de alvéolo

Tómbolo

Istmo que une unha illa co continente. É unha barra litoral de escasa lonxitude e superficie reducida que comunica unha illa cercana á costa co continente.

Unidades do Relevo Terrestre

Zócolo

Son chairas ou mesetas formadas na era primaria como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxeneses desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos.

Macizos Antigos

Son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque como consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Os materiais son paleozoicos. Exemplo: Macizo Galaico.

Cordilleiras de Pregamento

Grandes elevacións montañosas que xurdirón na oroxenese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios depositados polo mar na era Secundaria. Distínguense 2 tipos:

  • Cordilleiras intermedias: Formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos.
  • Cordilleiras alpinas: Formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas.

Concas Sedimentarias

Son zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos (calcaria, arxila, areniscas e margas). Existen 2 tipos:

  • Concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións oroxénicas da era terciaria.
  • Depresións prealpinas localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas.

Procesos e Elementos Xeolóxicos

Aluvión

Material case sempre detrítico que forma depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estes materiais transportados polos ríos sufriron o desgaste progresivo das súas arestas como consecuencia do choque e frotamento ao que estiveron sometidos.

Foz

Corte profundo que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros.

Litosfera

Capa ríxida e sólida que constitúe a codia exterior sólida do globo terrestre, situada por riba da astenosfera e que abarca uns 50 km baixo os continentes e 10 km baixo os océanos.

Somontano

Terreo ou rexión situado na ladeira dunha montaña.

Tectónica Global

Tectónica de Placas

Teoría que explica os movementos das placas litosféricas ríxidas sobre a astenosfera branda, movementos que se deben ás corrientes procedentes da mesosfera. Isto provoca choques entre placas que orixinan superficies montañosas. Separanse unhas das outras despazando consigo os continentes. Grazas a estes movementos existe esta disposición no mapa dos continentes e as cordilleiras destes continentes que se producen en zonas de choque.

Descargar

PDF Word HTML