Conectores y recursos de cohesión textual en gallego: guía práctica con ejemplos
Conectores textuales en gallego
Conectores:
1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza. Do mesmo modo, do mesmo xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas.
E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
3. Opositivos: ideas contrastadas. A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; ora ben; de calquera maneira, forma ou xeito; mais; pero; porén; non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia. Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; porque; pois (que).
5. Reiterativos, explicativos ou enfáticos:
Efectivamente; vale a pena subliñar; convén incidir ou insistir; convén ou cómpre non esquecer; convén ou cómpre ter presente; convén ou cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén ou cómpre asinalar.
6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente.
Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito ou doutra maneira.
Conectores de ordenación y cierre
7. De ordenación: para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente. Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou.
8. Cierre del discurso: por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos).
Recursos de cohesión
Recursos léxicos
- Repetición de palabras ao longo do texto ou das súas familias léxicas (derivadas, compostas ou parasintéticas).
- Substitución por sinónimos (rapaza-moza), antónimos (estar san, non enfermar), hiperónimos do seu campo semántico (gato-animal), metáforas (futbolista-as do deporte) e metonimias (cadro-tea).
Recursos gramaticais
Deíxe: repetir un antecedente empregando elementos gramaticais: pronomes persoais, posesivos, demostrativos, artigos, comparativos e adverbios.
- Xa merquei as flores. Onde queres que as deixe? (pronome persoal)
- O meu amigo está enfadado. O seu pai non lle deixa ir ao concerto. (posesivo, pronome persoal)
- Acostumo ir ao cine os martes, pero este tiven un exame e non puiden ir. (demostrativo)
- A casa era moi grande. Alí reuníase toda a familia. (adverbio de lugar)
Elipse: eliminación dun termo xa citado porque se sobrentende: A profesora chegou. Soou o teléfono e – contestou...