Contextualización e Interpretación de Obras Clave da Literatura Galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 2,91 KB
Estudo e Contextualización de Obras Clave da Literatura Galega
O Pranto da Frouxeira: Resistencia e Voz Poética nos Séculos Escuros
O Pranto da Frouxeira é unha obra anónima que foi escrita durante os Séculos Escuros (XV-XVIII). Tras os anos de gloria da lírica trobadoresca, a literatura galega viuse afectada tanto pola escasa produción de novas obras como pola chegada dos Séculos de Ouro na literatura castelá, quedando a literatura galega relegada.
Contexto e Temática
Á parte do seu enmarcamento nos Séculos Escuros, esta obra pertence á literatura popular e aborda o tema do mariscal. O tema principal desta obra é a resistencia do Mariscal Pardo de Cela, que se representa simbolicamente como a resistencia dunha frouxeira (unha silveira ou matogueira), que de feito é a voz poética da obra.
Métrica e Recursos Estilísticos
A métrica da obra consta de versos de 8 e 7 sílabas de arte menor e rima libre, un recurso típico nesta época. Pódense apreciar algúns recursos estilísticos, coma a personificación, dado que a voz poética é a propia frouxeira.
O Soneto de Monterrei: Mortalidade e Beleza na Poesía Culta Renacentista
O Soneto de Monterrei pertence á poesía culta renacentista. O poema céntrase nun encontro entre o narrador e Violante xunto ao río, onde ela está a fiar seda. A conversación entre ambos revela unha profunda reflexión sobre a vida e a morte. O narrador séntese impactado pola beleza mortal de Violante e experimenta un medo existencial ante a idea da morte.
O diálogo entre o narrador e Violante engade profundidade ao poema, xa que se exploran temas de mortalidade, destino e amor. A resposta de Violante suxire unha certa confianza na inmortalidade da alma, mentres que o narrador expresa o seu temor á morte do corpo.
Estrutura Métrica
O soneto está composto por catorce versos endecasílabos distribuídos en dous cuartetos seguidos por dous tercetos. A rima é consonante e segue o esquema ABBA ABBA CDC DCD.
Figuras Retóricas Destacadas
En canto ás figuras retóricas, o poema emprega varias:
- Personificación
- O poeta personifica a natureza ao describir a Violante como "tan fermosa, en verdá, que quedei frío", outorgándolle calidades humanas a unha contorna natural.
- Metáfora
- O verso "ver alma inmortal en mortal maça" utiliza unha metáfora para comparar a beleza de Violante cunha "maça" (mazá), suxerindo a idea dunha beleza mortal e efémera.
- Apóstrofe
- O poeta dirixe a palabra directamente a Violante, como no verso "Vólveo, non cortarei, seguro pasa", onde o narrador fálalle á pastora.