Correntes Poéticas Galegas de Posguerra

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,33 KB

Escola da Tebra ou "Poesía do Neboeiro"

A Escola da Tebra, tamén coñecida como "Poesía do Neboeiro", representa unha poesía intimista e pesimista da vida, fortemente influenciada polo existencialismo. Esta corrente foi iniciada por Cunha Novás con Fabulario Novo.

Caracterízase por un realismo coloquial. Foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa, abrindo o camiño á poesía socialrealista, onde prima a mensaxe próxima de denuncia das inxustizas do presente histórico (as guerras, a falta de liberdade, a desigualdade...) cunha ollada solidaria cos que sofren no mundo.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro encabezou os versos máis emblemáticos desta proposta desde a publicación da mítica Noite de pedra (1962). O seu título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.

No autor conviven 3 temáticas principais:

  • Desde o inaugural O soño sulagado (1954): intimista e influenciada polo existencialismo, cun presente pesimista, cheo de soidade e desacougo, e nostalxia pola infancia perdida en Celanova.
  • Poemas amorosos para Moraima.
  • Onde o mundo se chama Celanova: satírica, fortemente corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio medievais ou o Quevedo máis mordaz (xogos de palabras, aliteración, linguaxe coloquial...).
  • Viaxe ao país dos ananos: socialista, cunha linguaxe coloquial e directa. Os temas tratados son a guerra civil, a explotación, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo.

Uxío Novoneyra

A poesía de Uxío Novoneyra é paisaxística e moi persoal, contemplada desde unha perspectiva case mítica. Describe a natureza do Caurel, onde o ser humano é un elemento mínimo na intensidade cósmica. Combina preocupación social e política. Obra destacada: Os eidos.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín, con Con pólvora e magnolias, combina a poesía revolucionaria co lirismo intimista (o pasado, o paso do tempo, o amor...) e o luxo estético. Usa o versolibrismo e a multitude de referencias culturais: Celtismo, poesía medieval.

Manuel María

Manuel María trata temas como o amor, a arte, a imaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a lingua, o urbanismo... Participou en todas as liñas temáticas de posguerra.

Entradas relacionadas: