Crítica Marxista da Ideoloxía: Falsa Conciencia e Alienación Social

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,74 KB

A Ideoloxía na Perspectiva Marxista: Representación Deformada da Realidade

Neste segundo sentido, a ideoloxía equivale a unha representación deformada, distorsionada ou falseada dunha determinada realidade ante a conciencia, por responder a intereses de clase. Equivale, pois, a coñecemento ilusorio de aparencias, coñecemento falseado ou falsa conciencia. É propio da ideoloxía presentar como valores universais o que só responde aos intereses de clase.

A Ideoloxía como Discurso Encubridor e Alienación

A ideoloxía é unha forma de alienación que se manifesta na conciencia, pero ten a súa orixe na opacidade da realidade social e económica, e afecta tanto á clase dominante como á clase dominada. É un discurso encubridor, que tenta lexitimar ou xustificar unha situación de explotación, presentando como natural o que é só un produto histórico.

Marx compara a ideoloxía cunha cámara fotográfica, na que se ve o mundo ao revés, pois as imaxes teñen forma invertida. Exemplos desta distorsión inclúen:

  • A Relixión: É ideolóxica por facer unha explicación falseada da realidade social cando afirma que sempre houbo ricos e pobres ou que loitar contra a orde establecida é un atentado contra o plan divino no mundo.

Sistemas Doutrinais e Crítica Ideolóxica

As ideoloxías poden organizarse como sistemas doutrinais ou mesmo científicos. Así, a economía política clásica é, segundo Marx, ideolóxica por xustificar o capitalismo, afirmando que é o sistema económico máis acorde coa natureza humana, ocultando que é un sistema histórico rexido por leis históricas e non por leis naturais.

Marx presenta a súa teoría como crítica ideolóxica, que tenta desenmascarar o que a ideoloxía enmascara e desvelar o que se oculta baixo a capa das aparencias.

A Dialéctica Marxista: Entre Hegel e o Materialismo

A Conexión Hegeliana e a Ruptura

Deducimos que Marx é hegeliano, e á súa vez, antihegeliano. Isto débese a que:

  1. É hegeliano: Porque comparte con Hegel a concepción do devir histórico como un proceso dialéctico que ten como motor as contradicións e oposicións internas.
  2. É antihegeliano: Porque non ve neste proceso o desenvolvemento do espírito, senón a oposición e a superación de diferentes sistemas de produción de bens materiais.

O Materialismo Dialéctico

O marxismo é considerado un materialismo dialéctico, xa que é a materia (a economía), coas súas tensións, a que fai avanzar a historia nun proceso de confrontación e superación.

Entradas relacionadas: