A Cultura Galega no Primeiro Terzo do Século XX: O Grupo Nós e os seus Protagonistas

Enviado por Anónimo y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,75 KB

Autores como Xose Lesta Meis con Monecho o da rúa, Estebo e Abellas de Ouro, Leandro Carré, Xaime Quintanilla e Armando Cotarelo foron figuras relevantes no panorama cultural galego do primeiro terzo do século XX.

A Cultura Galega no Primeiro Terzo do Século XX

O Grupo Nós

O Grupo Nós marcou a historia da cultura galega. O nome vén dado polo título da revista que comezan a publicar en 1920. Integrado por V. Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, o grupo é o encargado de modernizar a prosa galega nos seus rexistros.

Vicente Risco

Vicente Risco escribiu narrativa, ensaio e teatro. A narrativa é fundamentalmente didáctica, con gran carga ideolóxica, na que non sempre están ben definidas as fronteiras entre a narrativa e o ensaio. Destacan obras como Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, relato humorístico narrado no mundo da ultratumba. Logo escribiu uns relatos que se vinculan á cultura tradicional e un cometido didáctico-ideolóxico, como A velliña ou O lobo da xente. A súa obra cume é O porco de pé, a sátira dun personaxe.

Ramón Otero Pedrayo

Pedrayo é figura clave na recuperación cultural e da articulación do nacionalismo do XX. Escribiu narracións histórico-realistas centrándose na Galiza rural da segunda metade do XX, abordando a decadencia da fidalguía e os cambios na estrutura da sociedade galega tradicional. Obra cume: Os camiños da vida. Tamén cultivou narracións histórico-culturais, onde máis que a acción novelesca importan o historicismo e a evocación cultural, e narrativa psicolóxica e introspectiva, onde a trama xira arredor do conflito interior dos protagonistas (Arredor de si).

Castelao

Castelao é coetáneo do Grupo Nós e moi vencellado a eles, pero ten características singulares que o afastan do grupo. Ademais da obra literaria, destaca pola súa obra pictórica e polos artigos escritos e conferencias ditadas. Obras literarias destacadas: Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre.

O Ensaio

O ensaio nace e consolídase no primeiro terzo do XX coa Irmandade e o Grupo Nós. Un dos obxectivos das Irmandades foi a creación de medios e canles de difusión para os xéneros literarios. As primeiras obras eran sobre política e cultura. Canles de difusión importantes foron A Nosa Terra e a revista Nós, onde publicaron Antón Vilar Ponte, Antón Losada, entre outros.

O ensaio foi o xénero que máis cultivou Risco; as obras que recollen o seu pensamento galeguista son Teoría do nacionalismo galego, Miteleuropa e Nós, os inadaptados.

Pedrayo cultivou ensaios xeográficos (Guías de Galicia), libros de viaxe (experiencias vividas) e evocacións históricas (O libro dos amigos).

De Castelao destaca Sempre en Galiza e de Florentino López Cuevillas, Dos tempos nosos.

O Xornalismo

No xornalismo, a prensa galega deses anos mantiña características do pasado, apuntando a aspectos renovadores coa prensa ilustrada e as revistas gráficas. Naceron as publicacións de carácter cultural e literario; destacan:

  • A Nosa Terra: principal portavoz das Irmandades e o Partido Galeguista; escrito en galego, era un medio de propaganda política.
  • A revista Nós: empresa cultural máis ambiciosa da época; o primeiro número publicouse en Ourense en 1920. V. Risco era o director e Castelao o asesor artístico. Era mensual e escrito en galego.
  • Publicacións das vangardas: Alborada, Ronsel...

O Teatro no Primeiro Terzo do Século XX

O teatro deste período divídese en catro etapas: o teatro rexionalista, o das Irmandades, o das vangardas e o da época Nós.

O Teatro Rexionalista

As primeiras mostras do teatro relacionábanse coa preocupación rexionalista. En 1903 crearon a Escola Rexional de Declamación para estimular a produción teatral e aumentar o prestixio social do galego; só durou dous anos, pero representou obras de varios autores; destaca A ponte de Lugrís Freire.

A partir de 1915 creáronse coros e agrupacións folclóricas en Galiza que representaban pequenas obras sen complicación escénica, incluíndo tipos populares ou reivindicacións rexionalistas ou as dúas.

O Teatro das Irmandades

A actividade teatral dos coros e agrupacións foi un bo impulsor para que as Irmandades se centrasen no teatro.

Entradas relacionadas: