Descifrando a Visión e a Audición: Unha Mirada Detallada aos Sentidos
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,18 KB
Os raios luminosos atravesan a fina capa transparente da conxuntiva e inciden sobre a córnea, que actúa como unha lente que os concentra para que poidan pasar a través da pupila ao interior do globo ocular. Ao atravesar a pupila, os raios luminosos chegan ao cristalino (a outra lente do ollo), que se tensa ou destensa para enfocar a imaxe e que se proxecte de maneira correcta na superficie da retina. Na retina a imaxe proxéctase invertida na fóvea, unha rexión da retina con maior concentración de conos. Unha vez que os raios luminosos contactaron coa retina, son captados polos conos e os bastóns. Os fotorreceptores transforman a estimulación lumínica nun sinal nervioso que viaxa a través do nervio óptico ata chegar á área visual do cerebro. Alí, procésanse os sinais nerviosos e fórmase a imaxe.
A visión humana é binocular e estereoscópica. Isto quere dicir que o cerebro humano é capaz de integrar a imaxe dos dous ollos producindo unha imaxe única, o que permite percibir a profundidade e ver imaxes tridimensionais.
O Proceso da Audición
Cando as ondas sonoras chegan ao oído externo, o pavillón auricular actúa como unha pantalla e dirixe ditas ondas cara ao conduto auditivo, por onde circulan ata impactar co tímpano. O tímpano vibra a medida que chegan as ondas sonoras e esta vibración transmítese ao longo da cadea de ósiños (martelo-bigornia-estribo) amplificando o son ata 20 veces ata chegar á cóclea. Grazas ao líquido do interior da cóclea, a vibración propágase e chega ás células mecanorreceptoras, que se van excitando cada únha cunha determinada frecuencia ou tono. Esta excitación transfórmase en sinais nerviosos, que, a través do nervio auditivo, chegan á zona do córtex cerebral encargada da audición.
O Sentido do Equilibrio
O sentido do equilibrio tamén reside no oído interno nos canles semicirculares e no sáculo e o utrículo. Cada canle semicircular está orientado en cada un das direccións do espazo. Un líquido se move polo interior dos canles e activa uns receptores que aportan información de todos os movementos da cabeza.