Desenvolvemento Cognitivo Infantil: Imitación, Xogo e Características do Estadio Preoperacional de Piaget

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,76 KB

Imitación e Xogo no Estadio Sensoriomotor

O desenvolvemento da imitación e o xogo durante o estadio sensoriomotor, segundo a teoría de Piaget, divídese nos seguintes subestadios:

Subestadio 1 e 2

Non hai imitación nin xogo. Pode observarse algunha preimitación sen intención.

Subestadio 3

Primeiras condutas imitativas, limitadas pola capacidade para desenvolver movementos espontáneos e de percibirse realizando a imitación.

Subestadio 4

Imita condutas e aparecen as primeiras actividades lúdicas.

Subestadio 5

Perfecciona a imitación experimentando (ensaio-erro); repite por pracer como un ritual.

Subestadio 6

Novos tipos de imitación e xogo relacionados coa iniciación da representación simbólica: imitación diferida e xogo de ficción.

Estadio Preoperacional

Características Fundamentais

1. Función Simbólica

A Función Simbólica é a capacidade para representar unha idea, concepto ou obxecto por medio doutra cousa (empregar significantes para referir significados). Este estadio caracterízase principalmente por esta capacidade de representación, segundo Piaget.

Grazas á Función Simbólica, a súa intelixencia é representativa. Aparecen manifestacións como:

  • Imitación diferida: imita sen ter o modelo presente.
  • Linguaxe: pode comunicar ideas e recibir información.
  • Imaxes mentais: representacións internas sen correlación co exterior (interiorización de actos).
  • Debuxo: forma de utilización dunha imaxe interna grazas ao seu coñecemento activo.

2. Intuición

Afirma crenzas sen ter probas nin xustificación (non sente a necesidade).

3. Egocentrismo

Limitación para adoptar o punto de vista dos demais.

4. Centración

Tendencia a concentrarse nun só aspecto do problema (o máis importante para eles).

5. Razoamento Transdutivo

Vai do particular ao particular; non considera principios xerais para relacionar feitos específicos.

6. Irreversibilidade

Incapacidade de realizar unha mesma acción nos dous sentidos do percorrido.

7. Xustaposición

Non establece relación entre os elementos que forman un todo (sen conexións causais, temporais ou lóxicas).

8. Sincretismo

Percibe a realidade de xeito global e subxectivo; sen análise previo, pasa a concluír.

9. Problemas de Conservación

Incapacidade ante os cambios de aparencia (ex. magnitudes como peso, volume, etc.).

Entradas relacionadas: