Desenvolvemento da Lingua e Cultura Galega: Do Século XX ao Franquismo
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6 KB
Desenvolvemento da Lingua e Cultura Galega: Un Percorrido Histórico (1900-1975)
O Galego entre 1900 e 1936: Resistencia e Emerxencia Cultural
En 1902, un Real Decreto prohibiu a utilización das linguas periféricas no ensino como linguas vehiculares, aínda que non todos os mestres cumprían esta normativa. En 1906, fundouse a Real Academia Galega (RAG), un paso crucial para a institucionalización da lingua.
En 1907, comezaron unhas revoltas agrarias que buscaban a supresión dos foros e melloras para o campo, lográndose a supresión dos foros en 1926.
En 1916, creáronse as Irmandades da Fala. O seu fundador foi Antón Villar e, con elas, naceu o nacionalismo que concretou e superou a conciencia diferenciadora iniciada no Provincialismo e continuada no Federalismo e Rexionalismo. Defendían que Galicia era unha nación con lingua e cultura diferenciadas e foron os primeiros que intentaron normalizar a lingua.
En 1920, apareceu a revista Nós para abrir a cultura galega a Europa; foi un intento de modernizar a cultura galega e poñela en contacto co mundo. Os escritores do primeiro terzo do século XX superaron o dialectalismo e o interdialectalismo do século pasado; esta etapa é coñecida como supradialectalista. Foi a etapa na que se procurou dotar a Galicia dunha cultura propia, baseada na lingua.
Movementos de Vangarda
Co comezo do século XX, apareceron por toda Europa grupos de artistas que rexeitaron as súas tradicións culturais por consideralas caducas. Os principais movementos de vangarda foron o futurismo, o cubismo, o dadaísmo e o surrealismo, que difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador.
O Galego do 1936 ao 1975: Represión, Recuperación e Nova Expresión
Tras o golpe de estado de 1936, Galicia quedou integrada no bando franquista, cunha leve resistencia por parte dos guerrilleiros. A década dos 40 caracterizouse pola fame, o estraperlo, os cárceres, o illamento internacional e a represión. O galego mantívose como lingua oral entre campesiños, mariñeiros e sectores desfavorecidos.
Nos anos 50, o réxime franquista foi recoñecido por EEUU, a represión afrouxou, mellorou a situación económica e abríronse as fronteiras. O Partido Galeguista centrouse na recuperación cultural e creouse a editorial Galaxia.
A década dos 60 foi a dos cambios económicos e demográficos: deuse a liberalización económica, o crecemento de zonas industriais e a emigración a Europa. Mecanizouse o campo e substituíuse a agricultura de autoconsumo por unha gandaría orientada ao mercado. As industrias baseáronse na extracción de recursos naturais e na transformación de produtos agrarios.
Diminúe o uso oral do galego pola perda de poboación rural e a burguesía adoptou o castelán. Co éxodo rural, os cidadáns adaptáronse ao esquema diglósico castelán-galego. Os pais falábanlles aos seus fillos en castelán, a lingua do prestixio. Creouse unha nova narrativa e unha poesía reivindicativa. Creáronse tamén asociacións que promoveron o estudo da lingua e da cultura galega.
No ano 1963 fundouse o Partido Socialista Galego, e no 1964 a Unión do Pobo Galego; ambos eran partidos nacionalistas de esquerdas. Antes da morte de Franco, o galego foi recoñecido como lingua e permitiuse o seu estudo fóra das horas lectivas. A lingua galega converteuse en bandeira de loita contra a ditadura.
A Poesía Social: Celso Emilio Ferreiro
A partir de 1962, con Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro utiliza o tema da poesía social para denunciar o fascismo, a deshumanización, a emigración, a inxustiza e a falta de solidariedade que sofren as persoas. Outra obra é Viaxe ao País dos ananos, da mesma temática. Onde o mundo se chama Celanova é de carácter intimista, onde fala da fugacidade da vida, o amor e a evocación á infancia, e tamén inclúe poesía satírica.
A Narrativa de Posguerra
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro utilizaba dialectalismos. Nas súas obras Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas, escribe historias soltas de lendas que aparentan ser novelas. O humor é a característica esencial das súas obras, mesturando realidade e fantasía. Non respecta a cronoloxía nin tampouco a xeografía. Tamén escribiu: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.
Ánxel Fole
Ánxel Fole utiliza a función fática. En A lus do candil e Terra brava, reflicte o mundo rural das terras do Courel. E Contos da néboa e Historias que ninguén cre están ambientadas xa no mundo urbano da cidade de Lugo. A súa lingua é rica e enxebre, abundando os dialectalismos e barbarismos.
A Nova Narrativa Galega: Características e Autores
Estaba protagonizada por autores/as novos e con formación universitaria. Rompen coas formas de narrar tradicionais e optan por múltiples formas narrativas, renuncian á linealidade temporal e á localización espacial concreta (preferindo espazos urbanos), danlle entrada ao mundo dos soños, rexeitan o enxebrismo, etc.
Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas naceu en Gres. As súas obras foron, por unha parte, Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho, unha triloxía na que narra a vida labrega vista desde un neno. Por outra parte, A muller de ferro, Querido Tomás e Xente no rodicio, unha triloxía na que narra a vida labrega vista desde un adulto. E finalmente, as dúas obras que tratan da emigración a América son 7 cartas que lle escribe un irmán a outro, Historias de emigrantes e Remuíño de sombras.