Desenvolvemento Sostible, Pobreza e Migracións: Unha Visión Global

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,71 KB

Desenvolvemento Sostible: Concepto e Impacto Global

O Desenvolvemento Sostible é o desenvolvemento económico, social e ambiental das sociedades humanas para poder satisfacer as necesidades actuais da poboación, pero sen que iso supoña un dano para o planeta, o que nos comprometería a cumprir as necesidades de poboacións futuras.

Consecuencias da Falta de Sostibilidade

As principais consecuencias da falta de sostibilidade inclúen:

  • Quecemento do planeta: Aumento da temperatura media global.
  • Buracos na capa de ozono: Deterioración da capa protectora da atmosfera.
  • Destrución de bosques: Deforestación masiva e perda de biodiversidade.
  • Desertificación: Degradación do solo en zonas áridas e semiáridas.
  • Desxeo dos casquetes polares: Contribución ao aumento do nivel do mar.

Pobreza: Definición e Medición

A Pobreza defínese como a desigualdade no reparto da riqueza e unha falta de recursos suficientes para satisfacer necesidades básicas como alimentos, vivenda, educación e saúde.

Pobreza Extrema

A Pobreza Extrema defínese pola porcentaxe daquelas persoas que viven con menos de 0,9 euros ao día.

Indicadores de Desenvolvemento: IDH vs. PIB

O IDH (Índice de Desenvolvemento Humano) mide os ingresos económicos de cada persoa en cada país, as súas cifras de produción e consumo, e tamén as condicións de vida. Mentres que o PIB (Produto Interior Bruto) só clasifica os países segundo a súa riqueza.

Fluxos Migratorios: Causas e Evolución Histórica

Os Fluxos Migratorios refírense ao número de migrantes que entran ou saen dun determinado país ou rexión nun período dado de tempo, polo xeral, un ano. Estes fluxos poden ser espaciais, temporais e sociais.

Causas dos Fluxos Migratorios

As migracións son fenómenos complexos impulsados por múltiples factores:

  • Causas Económicas e Demográficas

    O crecemento da poboación a miúdo resulta en que moitas persoas quedan sen posibilidades de acceder a postos de traballo, ou tamén buscan mellores oportunidades económicas noutros lugares.

  • Causas Políticas e Relixiosas

    As persoas migran para fuxir de conflitos, persecucións e abusos dos dereitos humanos nos seus países de orixe.

  • Causas Ambientais

    Son debidas a un cambio repentino ou progresivo no medio ambiente que incide de forma adversa na vida das persoas, como desastres naturais ou desertificación.

  • Causas Sociais, Culturais e Psicolóxicas

    Inclúen a realización de estudos, o interese por sociedades máis dinámicas, ou a atracción por cidades ou países debido ao seu clima ou condicións culturais.

Evolución Histórica dos Fluxos Migratorios

No século XIX, as migracións procedían principalmente de países europeos cara a América Latina. Ademais, co barco de vapor, aumentáronse as dimensións, así que de destino tamén tiñamos a Australia e Nova Zelandia. Esta migración, ao ser transoceánica, estaba moi controlada.

Actualmente, xa non hai destinos fixos debido ao aumento da desigualdade económica, das crises e dos conflitos bélicos. Tamén por influencia de Internet, que nos amosa mellores oportunidades e compara os distintos países para crear o desexo de marchar. Ademais, a maioría das migracións teñen a súa orixe en países menos desenvolvidos cun forte crecemento de poboación. Esta migración xa non está tan controlada como a do século XIX.

Entradas relacionadas: