Desvelando os Segredos da Publicidade, Semántica e Relacións Léxicas
Clasificado en Español
Escrito el en español con un tamaño de 3,84 KB
A Publicidade: Comunicación e Persuasión
A publicidade é unha forma de comunicación cuxa finalidade é conseguir nos seus destinatarios unha disposición favorable ao consumo de determinados produtos e servizos. A imaxe ou mensaxe iconográfica ten dous significados que se relacionan:
- Significado literal: o que expresa a imaxe a simple vista.
- Significado simbólico: conformado polos valores que ademais leva consigo, asimilándose ao produto e intenta provocar unha actitude positiva cara a el.
O autor xoga cos valores simbólicos dos obxectos e usuarios que aparecen representados, de xeito que actúan no subconsciente do receptor. A mensaxe lingüística debe ser fácil de comprender, eficaz e económica, e debe quedar recollida nun eslogan.
O Eslogan Eficaz
Un eslogan eficaz é aquel que cumpre as seguintes regras fundamentais:
- Ser curto e simple.
- Amosar sempre en positivo.
- Ser enxeñoso, orixinal e innovador.
- Fácil de memorizar.
- Empregar recursos fónicos (xogo de palabras, rimas, retrousos, figuras literarias, xogos de sons).
- Ser perdurable e temporal.
- Salientar os aspectos positivos do produto fronte aos doutras marcas.
Semántica: O Estudo do Significado
A semántica é a parte da lingüística que estuda o significado das palabras e a relación que estas establecen entre si. Nas palabras distínguense dous elementos:
- O significante: a forma, a parte fónica.
- O significado: a imaxe mental que o significante suxire.
Relacións Semánticas
Polisemia
É a propiedade pola cal unha palabra ten varios significados ou acepcións. É dicir, unha palabra é polisémica cando ten varios significados.
Homonimia
É a coincidencia de significante entre palabras diferentes. É dicir, dúas palabras son homónimas cando presentan a mesma forma pero teñen distinto significado. A homonimia prodúcese porque nun estado de lingua coinciden os resultados fonéticos procedentes de palabras ou étimos diferentes.
Existen 2 tipos de palabras homónimas:
- Homógrafas: Escríbense igual e pronúncianse igual.
- Homófonas: Pronúncianse igual pero escríbense diferente.
Sinonimia
Consiste na semellanza de significado entre dúas palabras diferentes. Os sinónimos poden ser de dous tipos:
- Absolutos: Hai unha identidade total de significado entre as palabras, de maneira que son intercambiables en todos os contextos.
- Parciais: Non hai identidade total de significado e só se poden intercambiar nalgúns contextos.
Antonimia
É a relación que existe entre dúas palabras que designan conceptos opostos. Diferenciamos tres tipos de antónimos:
- Antónimos propiamente ditos: Termos entre os que hai unha gradación, existen outros intermedios ao longo dunha escala.
- Complementarios: Dous termos que se exclúen mutuamente xa que un é a negación do outro, de maneira que afirmar un supón negar o outro.
- Inversos ou recíprocos: Dous termos que designan dous aspectos dunha mesma relación ou concepto, de maneira que a existencia dun implica a existencia do outro.
Hiponimia, Hiperonimia e Cohiponimia
- Hiponimia: Relación semántica entre un termo que se encontra incluído dentro doutro de maior amplitude.
- Hiperonimia: Relación semántica entre un termo dentro do cal se inclúen outros de menor extensión.
- Cohiponimia: Relación semántica existente entre dous termos de un mesmo nivel xerárquico.