Diccionario de Historia de España
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 25,05 KB
Diccionario de Historia de España
A
Aula Regia
Institución creada en época visigoda atribuida a Leovigildo que hacía las funciones de un consejo real. Sus miembros son designados por el rey, tiene carácter consultivo y surge para auxiliar al rey en las tareas de gobierno, elaborar las leyes e impartir justicia. La monarquía visigoda tenía un carácter electivo y mantenía una dependencia intensa respecto de las familias nobiliarias.
Bárbaros
Nombre que daban los romanos a los pueblos que vivían más allá del limes del imperio. Tendría por lo tanto un significado de extranjero por contraposición con la población que tenía el derecho latino o el derecho de ciudadanía romana. La crisis del Imperio del siglo III d.c. y la posterior llegada de pueblos procedentes de las estepas asiáticas favorecieron la penetración en el mundo romano de los pueblos del norte y este de Europa.
C
Castro
Asentamiento fortificado prerromano formado por casas de tipo circular o elípticas que suele situarse a media ladera o en un promontorio que facilite su defensa y el control visual del territorio. Pertenecientes a la denominada Cultura Castrexa aparecen en el noroeste peninsular hacia el siglo VIII a.c., continúan existiendo bajo la dominación romana, llegando hasta el siglo II d.C., momento en el que comienzan a ser abandonados.
Conventus
Subdivisión territorial inferior a la provincia que aparece con el Imperio romano con finalidad jurídica. Los conventus eran las asambleas presididas por el representante del gobernador de la provincia que estaban encargadas de administrar la justicia, recaudar los impuestos y gestionar el culto al emperador. La provincia Tarraconensis se dividía en siete conventus de los que tres estaban en el territorio que más tarde se denominaría Gallaecia.
Economía predadora
Se denomina a la economía basada en la caza-recolección propia del Paleolítico (2’5 millones de años hasta 10.000 a.C.). Esto obligaba a las comunidades humanas a desplazarse detrás del alimento obligando a una residencia provisional en una itinerancia o nomadismo que durará hasta el Neolítico. De esta etapa llegan a nosotros los instrumentos de la industria lítica que servían para la caza y el arte rupestre.
G
Guerras cántabras
Son guerras de conquista y dominación que mantienen las legiones romanas contra los pueblos del norte peninsular para evitar las incursiones que estos hacían sobre las áreas agrícolas de la meseta. Esta fase de la conquista de la Península Ibérica se extiende desde el 29 a.C. hasta el 19 a.C. con la llegada de Octavio Augusto para pacificar a los galaicos, astures y cántabros. Para controlar mejor a estos pueblos fueron fundándose una serie de núcleos entre los que está León donde estaba acantonada la Legión VII romana.
M
Megalitismo
Denominación de una serie de construcciones de finalidad religiosa y funeraria, hechas con piedras de grandes dimensiones a finales del Neolítico y durante la era del Cobre o Calcolítico (finales del IV y III milenio a.c.) fundamentalmente en el noroeste peninsular. Estas construcciones presentes en Galicia van desde los menhires, las antas hasta las mámoas.
Mesta
Asociación que agrupaba a los propietarios de las ovejas merinas trashumantes, proveedoras de lana, fundada por Alfonso X, en 1273. El ganado era propiedad de los nobles y autoridades eclesiásticas lo que determinaba el goce de una serie de privilegios de paso por las cañadas y pastoreo entre la Cordillera Cantábrica y Sierra Morena, de manera que en Castilla hubo un predominio de la actividad ganadera en detrimento de las tierras de cultivo y bosques. Esta asociación perdurará hasta el final del Antiguo Régimen en 1837.
Mozárabe
Cristiano de origen hispano-godo que vivía en territorio musulmán, que con el tiempo acabaría por adquirir las costumbres de vida musulmán y la lengua árabe. Aunque gozaban de tolerancia sobre su culto, estaban obligados a pagar un impuesto a las autoridades musulmanas. Los que se acabaron convirtiendo al Islam se denominaron muladíes.
P
Presura
Modalidad inicial de repoblación (s. IX y X), al norte del río Duero, propio del reino de León, que consistía en volver a ocupar y roturar las tierras conquistadas a los musulmanes a cargo de particulares que recibieron una autorización real. Los protagonistas de esta modalidad eran órdenes monásticas principalmente. Era un mecanismo para incentivar el cultivo en territorio fronterizo y peligroso.
T
Taifas
Denominación de los pequeños reinos musulmanes formados tras la caída del Califato de Córdoba, en 1031, y que creó una enorme fragmentación del poder político que pasó a subdividirse en pequeños reinos independientes controlados por una familia y una ciudad importante (Sevilla, Toledo, Badajoz, Zaragoza...) que, más débiles y enfrentados entre sí tuvieron que pagar las parias a los reinos cristianos que lo aprovecharon para ampliar sus respectivos territorios. Además de este periodo de taifas hubo otros dos, uno a mediados del s. XII y otro a mediados del XIII.
Tercios
Tropas del ejército de infantería de la Monarquía Hispánica de los Austrias, formadas por arcabuceros, piqueros y espadachines. Creados por Carlos I, aunque ya perfilados por los Reyes Católicos, podemos considerar a estas formaciones como los primeros ejércitos profesionales al margen de los ejércitos señoriales.
U
Unión de Armas
: proxecto impulsado polo valido do rei Felipe IV, Olivares, no primeiro terzo do século XVII, co fin de repartir equitativamente ás coroas da Monarquía hispánica o reclutamento de tropas e a recadación de tributos para facer fronte ás continuas campañas bélicas. Ata ese momento a Coroa de Castela sostiña todo o peso fiscal e militar. O seu rexeitamento explica en boa parte as revoltas que se producirán na Coroa de Aragón e Portugal en 1640 Valido: figura dotada de amplos poderes políticos polo monarca, que delega os asuntos de goberno na mesma. Os validos máis relevantes da Monarquía Hispánica foron o Duque de Lerma de Felipe III e o Conde Duque de Olivares de Felipe IV. Os monarcas adicábanse a labores de representación na corte. Non é un fenómeno estritamente español; véxase o caso de Richelieu en Francia. Xunta do Reino de Galicia: creada no século XV, foi a representación política do denominado Reino de Galicia. Dito reino formou parte da Coroa de Castela ata a reforma liberal do Estado en 1833. A Xunta estaba formada por un conxunto de deputados que representaban ás sete provincias galegas, e se reunían para debatir asuntos relacionados fundamentalmente cos tributos e levas militares esixidos polo rei de turno. Na práctica, esta institución non tiña capacidade decisoria. Antigo réxime: sistema social, político e económico, que en España se implanta no século XVIII con Felipe V de Borbón, que se basea na existencia dunha monarquía absoluta, unha sociedade estamental e unha economía agraria baseada no modo de produción feudal. Catastro de Ensenada: estudo documental ordenado por Fernando VI e realizado polo marqués de la Ensenada co obxectivo de detallar os habitantes da Coroa de Castela, así como as súas rendas de bens raíces, mobles e salarios para optimizar a recadación de impostos directos da Contribución única. Decretos de nova planta: decretos impostos por Felipe V de Borbón trala súa vitoria na Guerra de sucesión (1714) que consistían na abolición dos privilexios forais da Coroa de Aragón, e polo tanto das unidades políticas que a conformaban, impoñendo as institucións e as leis de Castela. Supoñen o inicio do absolutismo en España. Despotismo ilustrado: forma de goberno propia das monarquías absolutas da segunda metade do século de XVIII que implica a adopción do ideario ilustrado. Os monarcas esforzáronse por elevar o nivel cultural e técnico dos seus reinos. En España destaca Carlos III coa súa promoción cultural e científica.
Motín de Esquilache: motín contra o ministro Esquilache do rei Carlos III en 1766 debido a súa imposición do bando de capas e sombreiros no que modifica as costumes españolas de vestimenta. A causa subxacente foi o progresivo incremento do prezo do pan e a depauperación das clases populares. Paz de Utrecht: serie de tratados asinados entre 1713 e 1714 entre as potencias enfrontadas na Guerra de sucesión española (1700-1714) polos que Felipe V de Borbón convertese en rei de España renunciando a Coroa e a unión con Francia e Carlos de Habsburgo renuncia os seus dereitos sucesorios. Reino Unido consegue excelentes acordos comerciais así como a praza de Xibraltar e Menorca. Regalismo borbónico: conxunto de teorías xurídicas que apoian os dereitos dos monarcas no ámbito do Estado por enriba das prerrogativas papais. Están encamiñadas ao fortalecemento do poder do monarcas e como principal enfrontamento levaron a Carlos III á expulsión dos Xesuitas por deber obediencia en primeira instancia ao Papa. Afrancesados: minoría ilustrada e liberal que apoiaba a Xose I Bonaparte no contexto da Guerra de independencia (1808-1814) xa que consideraban que o reformismo autoritario liberal napoleónico era a vía máis indicada para reformar e modernizar España. O termo ten connotacións pexorativas. Abdicación de Bayona: denominación das sucesivas renuncias á Coroa de España de Fernando VII no seu pai Carlos IV e este en Napoleón Bonaparte o cal entrega a Coroa ao seu irmán Xosé I Bonaparte o 5 de maio de 1808. Supoñen o inicio da dinastía Bonaparte e son unha das causas da Guerra de independencia. Caciquismo: denominación do sistema de relacións sociais e políticas, principalmente no ámbito rural, que controlaba o fraude electoral sobre o que descansaba o sistema da quenda durante a Restauración borbónica. Se baseaba na influencia do cacique sobre os veciños que derivaba do seu poder patrimonial. Cantonalismo: ideoloxía política do século XIX influenciada principalmente polo anarquismo que aspira a dividir o Estado nunha constelación de cidades federadas case independentes denominados cantóns. Tivo o seu punto álxido durante a Primeira República no federalismo intransixente ou cantonalista que levou a súa insurrección trala vitoria do federais gradualista de Pi i Margall. Principalmente no Sur e Levante español a súa insurrección remata co inicio da Restauración borbónica.
Desamortización: proceso de expropiación por parte do Estado e posterior puxa pública das terras amortizadas das mans mortas pertencentes ao clero ou ben das propias e comúns dos concellos. É propia dos gobernos liberais progresistas e desatacan a de Mendizabal (1836) e Madoz (1855) polo importante volume de terras expropiadas. Encasillado: tamén coñecido como encadramento, era o proceso durante os sistema da quenda polo cal o Ministro de gobernación colocaba nas cuadriculas correspondentes a cada distrito electoral o nome dos candidatos do partido conservador ou liberal que o goberno podía permitir que saíran escollidos nas eleccións en aras de que a quenda electoral se cumpra.Estatuto real: Carta outorgada promulgada pola raiña rexente María Cristina de Borbón no nome da súa filla Isabel II en 1834 como concesión aos liberais moderados por apoiala no contexto da Primeira guerra carlista. Supón a implantación dun réxime a medio camiño entre o liberalismo doutrinario e o absolutismo que non contentou a ningún dos partidos liberais. Ludismo: movemento atribuído ao obreiro téxtil Ned Ludd que, no contexto da Revolución industrial e a implantación dos teares e das máquinas de fiar mecánicas, consistía na destrución de ditas máquinas xa que as culpaban da substitución dos artesáns por traballadores menos cualificados que cobraban salarios máis baixos. Manifesto dos persas: manifesto asinado por 69 deputados en Madrid no ano 1814 polo cal se instaba a Fernando VII a derrogar a obra lexislativa das Cortes de Cádiz e a instaurar de novo o Antigo réxime a súa chegada a España tralo tratado de ValenÇay. Supón o inicio do Sexenio absolutista e será posteriormente respaldado polo Congreso de Viena. Manifesto de Sandhurst: documento realizado por Cánovas del Castillo e asinado por Alfonso XII en 1874 que pon as bases da Restauración borbónica coa implantación dunha monarquía liberal conservadora como alternativa a ditadura de Serrano tralo golpe de Pavía á Primeira república, e que tralo pronunciamento de Sagunto por Martinez Campos se impón.Pragmática sanción de 1830: derrogación parcial da Lei sálica de Felipe V que permite o reinado das mulleres en liña hereditaria descendente en ausencia de varón. Foi promulgada por Fernando VII co obxectivo de que reinara a súa filla Isabel II en detrimento dos dereitos do seu irmán Carlos. Marca o comezo dos conflitos carlistas.
Pronunciamento: forma de rebelión militar característica da España do XIX na que un grupo de militares se posicionaba públicamente en contra do goberno e a favor dunha determinada facción política. Non implica loita armada, se as forzas militares restante se adiren triunfa e no caso contrario implica arresto ou exilio. Destacan o de Del Riego, O´Donell ou Serrano entre outros. Pucherazo: método empregado principalmente durante o sistema da quenda da Restauración borbónica para manipular os resultados electorais e que consistía na extracción das papeletas das furnas electorais e a posterior substitución por outras que ás veces se levaban en pucheiros, de alí o seu nome. Rexeneracionismo: corrente intelectual, literaria e política xurdida a finais do século XIX que denuncia o atraso e a corrupción da España da Restauración. Pretende unha renovación das estruturas sociais, políticas e económicas a través do seu lema Despensa e escola que sintetiza a idea de que a sociedade ten que ter as necesidades básicas cubertas e estar alfabetizada para aspirar a poder ter unha democracia madura. Destaca o aragonés Joaquín Costa. Sistema de quenda: sistema político da Restauración borbónica baseado na alternancia de dous partidos, o conservador e o liberal, dirixidos inicialmente por Cánovas e por Sagasta respectivamente, que aglutinaban as anteriores formacións políticas co obxectivo de que a oligarquía española monopolizase o poder político. Descansaba no fraude electoral e no sistema caciquil. Sufraxio censatario e universal: sistemas de expresión da soberanía nacional e popular respectivamente propios o primeiro das correntes liberais doutrinarias e o segundo das liberal democráticas. O censatario implica a votación da poboación cun determinado nivel de renda e lígase a oligarquía e o universal á totalidade dos cidadáns incluíndo ás mulleres a partir de 1932 nos sistemas liberais. Tratado de Valençay: tratado asinado en 1813 no que Napoleón recoñecía a Fernando VII como rei de España poñendo fin á Guerra de independencia e implica o seu regreso en 1814. Non foi recoñecido polas Cortes de Cádiz que serían abolidas polo propio rei restaurando o Antigo réxime. Unión liberal: partido fundado durante o Bienio progresista (1854-1856) e liderado polo espadón O´Donnell. Defende a monarquía liberal doutrinaria e ocupa o espazo político situado entre o partido Moderado e o Progresista. Trala unificación de Cánovas formará parte do partido Conservador.
Agrarismo: movemento de masas campesiñas de finais do s. XIX e principios do s. XX cuxos principais obxectivos era a abolición do sistema foral, a loita contra o caciquismo e a renovación técnica do agro. Organizados en sindicatos labregos destacan Acción gallega de Basilio Álvarez e Solidaridade gallega. Entre os seus principais logros destaca a Redención dos foros de 1926 durante a ditadura de Primo de Rivera. Bienio negro: Tamén coñecido como Bienio antirreformista ou de dereitas é o segundo bienio da II República (1933-1936) e estivo presidido por Lerroux. O seu principal obxectivo foi o desmantelamento das reformas republicanas do bienio anterior. Durante a súa etapa destacan os sucesos da Revolución de outubro do 34 e a anulación do Estatuto de autonomía de Cataluña. CEDA.:presidida por Gil Robles e fundada en 1933, a Confederación española de dereitas autónomas aglutinaba durante a II República aos monárquicos afonsinos e católicos sendo a forza política maioritaria de dereita . Foi disolta por Franco no Decreto de unificación de 1937. Desastre de Annual: derrota do exercito español na Guerra do Rif dirixido polo Xeneral Silvestre. Supuxo a morte de máis de 10.000 soldados españois a mans dos rifeños de Abd el-Krim e a declaración da República independente do Rif. Foi unha das causas principais do fin da Quenda e do golpe de Primo de Rivera. Directorio militar: xunta militar presidida por Primo de Rivera é a organización política da primeira etapa da súa ditadura (1923-1925). Entre os seus principais obxectivos era terminar coa conflitividade obreira e do nacionalismo periférico, obter a vitoria na Guerra do Rif e consolidar un réxime corporativo baixo a tutela de Primo de Rivera e Afonso XIII apoiado no partido Unión patriótica que se estenderá durante o Directorio civil (1925-1930). Expediente Picasso: informe encargado ao xeneral Picasso para depurar responsabilidades por mor do Desastre de Annual. As conclusións do informe debían presentarse antes ás cortes pero o pronunciamento de Primo de Rivera o impide debido aos rumores de implicación de Afonso XIII no desastre e para evitar o desprestixio da monarquía. FAI: Federación anarquista ibérica xurdida en 1927 como reacción á forte represión que a ditadura de Primo de Rivera exerceu sobre o anarcosindicalismo da CNT. Esta agrupación radicaliza o discurso anarquista da CNT e a acción revolucionaria o que inclúe ataques a bancos para conseguir fondos. Durante a Guerra Civil,
Fronte popular: coalición de centro esquerda reformista, socialistas e comunistas formada en 1935 en cuxo programa político destacaba a intención de volver a poñer en marcha as reformas do Bienio reformista paralizadas polo goberno de Lerroux e de conceder amnistía aos represaliados na Revolución de outubro de 1934 e na folga xeral e Cataluña. Obten a vitoria nas eleccións de 1936 colocando a M. Azaña como presidente da República e sufrindo a sublevación de Franco en xullo de 1936 sendo derrotado por este. Pacto de San Sebastián: pacto das forzas republicanas, PSOE e UXT en 1930 coa intención de instaurar a II República e terminar coa monarquía de Alfonso XIII. Foi promovido por Alcalá-Zamora e M. Maura e plantexaría as elección municipais convocadas por J. Bautista Aznar como un plebiscito a favor da República obtendo a vitoria nas principais cidades e dando paso a proclamación de dita república e a formación dun goberno provisional presidido polo propio Alcalá-Zamora. Sanjurjada: Golpe de Estado fracasado, protagonizado polo xeneral Sanjurjo en 1932, coa intención de acabar co réxime republicano que ten como detonante a Lei de reforma agraria. O denominado Bienio reformista estaba ameazando coas súas transformacións lexislativas os intereses de grupos poderosos como a igrexa, oa africanistas, á patronal e os terratenentes. Supuxo o exilio de Sanjurjo a Portugal despois do seu procesamento. Semana tráxica: denominación das revoltas sucedidas no verán de 1909 en Barcelona debido á decisión de A. Maura de mobilizar aos reservistas para ir a Guerra do Rif a raíz do ataque de Abd el-Krim no Barranco do Lobo. Aglutinou elementos do movemento obreiro, do nacionalismo periférico e republicanismo, así como tivo episodios de anticlericalismo, en oposición á quenda. Rematou coa brutal represión e os fusilamentos de Montjuic onde foi executado Ferrer Guardia. Unión patriótica: formación política creada por Primo de Rivera en 1924, durante a súa ditadura, para crear unha organización política e social con fins propagandísticos que puidera trasladar á rúa o ideario político do réxime e lexitimara a súa acción de goberno coa intención de consolidar a súa ditadura militar nun réxime civil. Está inspirado no fascismo italiano e no seu corporativismo sendo o partido único do Directorio civil. Brigadas internacionais: unidades de milicianos voluntarios estranxeiros que loitaron na Guerra civil xunto ao exercito republicano para combater ao fascismo ata 1938. Destacaron entre outros G. Orwell, Willy Brandt
Contubernio de Múnic: denominación pexorativa por parte do franquismo do IV Congreso de movemento europeo en Múnic en 1962 na que ao oposición ao réxime franquista instaba a CEE a non admitir a España como membro mentres non se democratizara. Franco respondeu enviando ao exilio aos delegados españois entre os que se atopaban Gil-Robles ou Dionisio Ridruejo. Foi clave para non aceptar a España como membro da CEE. FET e das XONS: partido único da ditadura franquista nado en 1937 a partir do Decreto de Unificación no que se empregaba como matriz a Falanxe española de J. A. Primo de Rivera e se aglutinaban os monárquicos afonsinos que estaban na CEDA, os carlistas e o sindicato fascista XONS. Empregou como símbolo o xugo e as frechas de Falanxe tomado a súa vez dos RR. CC., a súa camisa azul e a boina vermella dos requetés carlistas. Lei para a reforma política: instrumento xurídico que empregou o presidente de goberno Adolfo Súarez para convocar as primeiras eleccións para 1977 a Cortes constituíntes da actual democracia. Foi aprobado por ampla maioría en 1976 pola Cámara de procuradores franquista (Cortes españolas) o cal implicaba a súa propia disolución (Cortes do harakiri). É unha peza fundamental da transición democrática. Lexión Cóndor: nome do exercito expedicionario da Alemaña nazi que loitou a favor do bando sublevado na Guerra civil. Aínda que principalmente foi aéreo incluía todo tipo de armamento de última xeración que serviu aos nazis como probas para a futura guerra mundial e para Franco foi determinante na súa vitoria. Foron clave no bombardeo de Guernica, primeiro bombardeo masivo contra poboación civil da Historia. Nacional-catolicismo: denominación dunha das principais características ideolóxicas do franquismo que consistía en que o Estado outorgaba o control moral, o comportamento social, o ensino e calquera manifestación cultural á Igrexa católica en virtude do papel de xustificación do Réxime desta última, incluso da Guerra civil destacando o concepto de Cruzada. Pactos da Moncloa: acordos asinados entre o primeiro goberno de Adolfo Súarez en 1977 coas forzas sindicais recentemente legalizadas CCOO e UXT así como a patronal para diminuír a conflitividade social producida polo contexto económico da Crise do petróleo do 73 e dar estabilidade social ao proceso de Transición democrática. O goberno comprometíase a conter o déficit e a facer concesións de tipo democrático ao movemento obreiro e este a patronal.
Plan de estabilización: realizado en 1959 polos tecnócratas pretendía transformar a economía da Autarquía nunha de libre mercado. Supoñen unha combinación de medidas liberalizadoras e de contracción do gasto público e privado (medidas de austeridade) coa intención de estabilizar a economía española para poder lanzar posteriormente os plans de desenvolvemento cuatrienais de tipo expansivo. Os seus efectos negativos foron paliados en parte polas axudas estadounidenses e do FMI e BM. Plataxunta: denominación popular de Coordinación democrática, nada en 1976 da fusión das plataformas de oposición externa, e inicialmente rupturista, ao Réxime franquista Xunta democrática do PCE e a Plataforma de converxencia democrática liderada polo PSOE. Os seus principais obxectivos eran a amnistía política e a convocatoria a eleccións constituíntes en España. Sección feminina: rama feminina de Falanxe española e posteriormente de FET e das XONS dirixida por Pilar Primo de Rivera. Reformulou un modelo de feminidade dominado pola concepción do patriarcado nacional católico e orientaba a vida das mulleres españolas neste modelo de submisión e de machismo. Foi suprimido en abril de 1977 durante a Transición. Sindicato vertical: foi a única organización sindical legal durante a ditadura franquista. Creada a partir do Foro do Traballo de 1938 a imitación da Carta di Lavoro do fascismo italiano e consistía nunha organización corporativista na que se integraban obreiros e patronal e supuña o control destes últimos. a partir da creación das CCOO en 1956 foi perdendo a hexemonía do control das relacións laborais e foi disolto en abril de 1977 na Transición. UCD: Unión de centro democrático foi un partido político liderado por Adolfo Súarez que agrupaba principalmente os partidarios da vía reformista durante a Transición. Gobernou con maioría absoluta as dúas primeiras lexislaturas da actual democracia pero trala dimisión de Súarez en 1981 colleitou a maior derrota da democracia nas elección de 1982 perdendo 157 deputados (11 deputados obtivo) o cal o levaría a súa disolución nese mesmo ano