Dispositivos de Almacenamento e a Arquitectura dos Ordenadores Modernos
Clasificado en Informática
Escrito el en
español con un tamaño de 2,84 KB
Dispositivos de Almacenamento e Arquitectura de Ordenadores
Arquitectura de ordenadores
Como xa saberedes, un ordenador é unha máquina composta por uns elementos físicos (hardware) que necesitan unhas instrucións (software) que os fagan funcionar.
1. Arquitectura básica
O hardware dun ordenador está constituído basicamente pola Unidade Central de Proceso (CPU), que se encarga de procesar os datos; a memoria, que almacena a información que se está a procesar e os resultados; os periféricos de entrada ou saída, que permiten o intercambio de datos ou información co exterior; e os dispositivos de almacenamento, que gardan a información de forma permanente.
2. Caixas e fontes
A caixa ou carcasa dun ordenador é a estrutura, normalmente metálica e de plástico, onde se atopan os compoñentes internos que constitúen o ordenador. A súa función é almacenar, organizar e protexer estes compoñentes. Podemos atopar estas partes:
- Chasis
- Cuberta
- Panel frontal
- Baías para unidades
- Parte traseira
Dispositivos con Arquitectura de Ordenador e Smart Devices
1. Teléfonos intelixentes (Smartphones)
Ofrecen a posibilidade de realizar múltiples tarefas, como:
- Escoitar música en varios formatos.
- Realizar fotos de gran calidade.
- Navegar por Internet.
- Enviar e recibir correos electrónicos.
- Realizar videochamadas.
- Ver a televisión, etc.
Todo iso é grazas ao seu sistema operativo (iOS, Android ou Windows Mobile). Nestes teléfonos podemos instalar aplicacións ou programas compatibles co sistema operativo. Así, podemos ter teléfonos con lectores de PDF, con programas de navegación con GPS, con programas para retocar fotos, etc.
2. Reprodutores multimedia
Coa aparición da memoria flash, apareceron novos dispositivos que aproveitan a posibilidade de ter almacenada gran cantidade de información en pouco espazo. Así naceron os primeiros reprodutores de MP3 para escoitar música en calquera momento e lugar. Hoxe, os modernos reprodutores teñen pantallas táctiles de excelente calidade e son capaces de reproducir varios formatos de son e vídeo. Contan con conexión Wi-Fi para conectarse a YouTube ou pódcasts e Bluetooth, ademais de xogos, calendario, axenda de contactos, notas, etc.
3. PDA (Asistente Dixital Persoal)
É un tipo de miniordenador que comezou como unha axenda electrónica. Permite reproducir son e vídeos, crear e editar documentos, transferir mensaxes electrónicas, navegar por Internet, etc. Actualmente, están a ser eclipsadas polos smartphones e as tabletas.