A Ditadura Franquista en Galicia: Transformacións Sociais, Económicas e Culturais

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,63 KB

No ámbito social e económico, tras a Guerra Civil, xurdiu a ditadura franquista. Este período caracterízase pola ausencia de liberdade de expresión, reunión e asociación. Ademais, anuláronse os dereitos políticos, culturais e relixiosos, nunha etapa de retroceso social e político que propiciou unha nova ruralización.

A partir dos anos 50, iniciouse unha industrialización moderada. Levouse a cabo a construción de encoros e incrementouse a importancia do sector rural. Desenvolvéronse tamén outros sectores como o de servizos, o da produción química, o leiteiro e o da madeira.

Emigración e Movementos Políticos

Por outra banda, acentuouse a emigración cara a Europa (Gran Bretaña, Francia e Suíza) e ás áreas industrializadas de España. No ámbito político, foi unha etapa de duras represións, asasinatos, encarceramentos e exilios.

A partir dos anos 50, xurdiron resistencias guerrilleiras. En Galicia, destacou o movemento coñecido como “o Piloto”. Xa nos anos 60, renaceu a oposición (na clandestinidade) e unha tendencia á radicalización, onde predominaron os grupos comunistas do movemento obreiro. Destacaron as cidades de Vigo e Ferrol, xurdindo un nacionalismo de esquerdas.

Transformacións Culturais e Literarias

No ámbito cultural, case desapareceron as producións xornalísticas e certos movementos culturais anteriores á Guerra Civil. O uso do galego reduciuse nos rexistros informais, aínda que seguiu sendo a lingua maioritaria.

No ámbito literario, diferéncianse varias etapas:

  • Posguerra: A literatura atopábase silenciada, pero ao mesmo tempo deulle continuidade grazas a escritores e empresas culturais que puideron fuxir (exilio).
  • Edicións no Exilio: Unha parte importante da nosa literatura editouse e reeditouse en Bos Aires (Arxentina), Venezuela, Cuba e México.

A Nova Xeración Editorial e Poética

Nos anos 50 creouse a editorial máis destacada, a Editorial Galaxia, e publicouse a revista trimestral da colección Grial. Publicáronse tamén obras importantes como Comaros Verde, de Aquilino Iglesias, ou a colección de poesía de Benito Soto.

Nos anos 60 destacaron as asociacións culturais O Facho e O Galo. Comezou unha poesía de tendencia socioeconómica, como por exemplo en Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro, seguindo a liña cívica iniciada por Curros no século XIX.

Entradas relacionadas: