A Doutrina de Karl Marx: Plusvalía, Alienación e a Evolución cara ao Comunismo

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,71 KB

A Alienación Económica e a Plusvalía en Karl Marx

Esta alienación económica concrétase na plusvalía, mecanismo que está na base da explotación da clase traballadora por parte dos burgueses. A acumulación do capital só é posible se uns poucos acaparan os medios de produción e se aproveitan diso.

Prodúcese un plus no valor do produto, unha diferenza que unicamente lle favorece ao empresario, xa que provén daquilo que se lle “estafa” ou que non se lle retribúe ao obreiro no salario. O propietario xustifica esta desproporción alegando que no valor do produto non só se ten que contar o valor do traballo do obreiro, senón que ademais hai que lle sumar o valor dos medios de produción. Marx denuncia esta práctica: a apropiación ilexítima. Os medios de produción deberían ser sociais e non privados.

O Capitalismo e a Plusvalía

A plusvalía forma parte do capitalismo, onde todo se converte en mercadoría e queda supeditado ás leis da oferta e da demanda, incluso o traballo humano. Marx diferencia entre:

Tipos de Plusvalía

  • Plusvalía absoluta: Ten que ver coa duración da xornada laboral.
  • Plusvalía relativa: Ten que ver con producir máis co mesmo e en menos tempo.

Formas Derivadas da Alienación Económica

Para Marx, tanto a alienación social como a relixiosa son formas derivadas da alienación económica.

Alienación Social

No ámbito social, a estrita e discriminatoria división en clases, segundo posúan ou non os medios de produción, comporta o recoñecemento dos privilexios sociais.

Alienación Relixiosa

No ámbito relixioso, Marx considera que as relixións supoñen un medio para manter oprimida a clase máis desfavorecida. A crenza nun futuro celestial onde todos os seres humanos serán iguais ante Deus.

O Materialismo Histórico e a Chegada do Comunismo

O materialismo de Marx profetiza a chegada do comunismo, unha nova orde social e económica na que o ser humano quedará liberado da opresión. Marx considerou o comunismo unha evolución natural do capitalismo.

A Transición do Capitalismo

Segundo Marx, o capitalismo era insostible porque as crises causadas pola saturación do mercado serían cada vez maiores. A fase de produción capitalista será superada por unha fase transitoria de negación na que haberá un dominio ou ditadura do proletariado.

A Abolición da Propiedade Privada

Ao abolir a propiedade privada desaparecerá a división en clases. Cando os medios de produción sexan propiedade da humanidade xa non haberá ningún trazo diferencial entre clases.

Entradas relacionadas: