Elementos arquitectónicos en el arte gótico y musulmán

Clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 3,3 KB

Arcobotante

Elemento arquitectónico situado no exterior do edificio con forma de medio arco que recolle a presión da bóveda e a trasmite a un contraforte. É característico da arquitectura gótica.

Arco de ferradura

Elemento arquitectónico de forma curva que cubre o espazo entre dous piares, columnas ou muros. Neste caso o arco ten forma de ferradura, é dicir, ultrasemicircular, cunha curva máis ampla que un semicírculo. É característico da arquitectura musulmana e mozárabe.

Arco rebaixado

Elemento arquitectónico de forma curva que cubre o espazo entre dous piares, columnas ou muros. Neste caso o arco arco ten forma semicircular e a altura da curva é menor de media circunferencia.

Baptisterio

Pequena igrexa ou capela destinada á administración do Bautismo. Pode estar illada ou adosada á igrexa. Cando o baptisterio está illado ten planta circular ou poligonal e se coroa cunha cúpula de idéntica planta. Son de planta central e no medio álzase a gran pila bautismal.

Bóveda de crucería

Elemento arquitectónico de forma curva que serve para cubrir o espazo entre dous muros ou unha serie de piares ou columnas aliñadas. Neste caso está formada pola intersección de dúas bóvedas de canón apuntado. A diferenza da bóveda de aresta, a de crucería se caracteriza por estar reforzada por dous ou máis nervios. É característica da arquitectura.

Ciborio

Elemento arquitectónico que serve de base á cúpula. Na arquitectura relixiosa é habitual que no espazo onde se cruza a nave e o transepto se eleve o ciborio rematado cunha cúpula. Típico das igrexas medievais.

Cúpula

Elemento arquitectónico de forma semiesférica que se utiliza para cubrir un espazo de planta circular ou cadrada e vai apoiada sobre trompas ou pechinas.

Imposta

Elemento arquitectónico saínte que separa os diferentes pisos dun edificio. Tamén pode estar colocado sobre unha pilastra.

Ménsula

Elemento arquitectónico voadizo. Pode ser corta, pequenos saíntes que serven de soporte doutro elemento, ou longas, funcionando como vigas.

Perspectiva xerárquica

É unha técnica pictórica que busca simular profundidade no cadro. No caso da perspectiva xerárquica aparecen diferentes tamaños nas figuras para resaltar a súa importancia. É unha perspectiva antinatural moi utilizada en Exipto ou na Idade Media.

Piar

Elemento arquitectónico sustentante e exento que, a diferenza da columna, ten sección cuadrangular.

Pilastra

Elemento arquitectónico substentante e adosado ao muro que ten sección cuadrangular e pode ter función estructural ou meramente decorativa.

Plan central

Representación dun edificio en sección horizontal. Neste caso organízase en torno a un eixe central.

Presbiterio

Espazo dun templo católico que precede ao altar maior e une o ábside coa nave. Antigamente estaba reservado ao clero e podía separarse da nave por unha escalinata ou unha barreira.

Rosetón

É unha fiestra circular calada dotada de vidrieiras cuxa decoración soe ser radial. É un elemento decorativo característico da arte gótica.

Xamba

Elemento arquitectónico que serve de soporte vertical ás arquivoltas e rodea a un vano.

Entradas relacionadas: