O Esplendor da Arte Barroca: Conceptos e Características Fundamentais
Clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
español con un tamaño de 2,97 KB
Glosario de Termos Artísticos do Barroco
- Columna salomónica: propias da arquitectura barroca, son columnas en forma de espiral que dan sensación de movemento.
- Retablo: obra con tema principalmente relixioso para decorar templos e procesións.
- Claroscuro: efecto luminoso que se obtén mesturando zonas de sombra con zonas de intensa luz.
- Frontón roto: son aqueles que en algún dos ángulos ou lados non están pechados.
- Bodegón: pintura que representa en primeiro plano alimentos ou flores xunto a útiles diversos.
- Tenebrismo: tendencia do estilo barroco que se caracteriza polos fortes contraluces de sombras. É unha característica propia de Caravaggio.
- Barroco: etapa cultural dos séculos XVII e XVIII, consecuencia das loitas relixiosas en Europa.
Mentalidade Barroca
Coñécese co nome de Barroco unha etapa cultural de Occidente que abrangueu o século XVII e parte do XVIII.
- Nos países católicos, a nova mentalidade reflectiuse nunha relixiosidade moi intensa.
- Nos países protestantes, triunfaron unha forma de ver a vida máis individualista e a valoración social do triunfo económico.
Arquitectura Barroca
- Os edificios construíanse coa intención de chamar a atención.
- Creación de efectos luminosos por medio da utilización de entrantes e saíntes.
- Uso de liñas curvas e columnas en espiral (salomónicas).
- Abundancia de decoración.
- Uso de materiais ricos e rechamantes.
- Roma foi onde naceu este estilo, tras o Concilio de Trento.
- A remodelación da cidade constituíu na construción de grandes igrexas.
- Gian Lorenzo Bernini foi o arquitecto máis recoñecido.
- Tamén destacou Francesco Borromini.
Escultura Barroca
- Impúxose o realismo.
- As esculturas representaban a personaxes con sentimentos moi intensos.
- Gran mobilidade, enerxía e vitalidade.
- Creáronse efectos luminosos.
Os temas seguiron sendo relixiosos, aínda que se desenvolveron escenas mitolóxicas. Bernini foi o principal escultor do Barroco.
Pintura Barroca
- Triunfou o realismo; é dicir, as persoas retratábanse como eran.
- Escenas en movemento e forza, con figuras que realizaban xestos bruscos.
- Os personaxes mostraban sentimentos que se reflectían nos xestos dos seus rostros ou dos seus corpos.
- Efectos luminosos mesturando zonas de sombra con zonas de intensidade de luz, denominado claroscuro.
- Os temas foron moi variados: relixiosos, mitolóxicos, momentos de vida cotidiana, e temas como paisaxes e bodegóns.