Esplendor de Galicia nos séculos XII e XIII: sociedade, cultura e lírica trobadoresca

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,79 KB

O esplendor de Galicia nos séculos XII e XIII

A sociedade galega medieval viviu unha etapa de gran desenvolvemento social, económico e cultural entre os s. XII e s. XIII.

Causas

  • A situación de paz que viviu Galicia.
  • O papel de Compostela como centro da cristiandade medieval europea.
  • O papel destacado da nobreza galega na política das cortes dos reis de León e de Castela.

Consecuencias

De carácter social

- O aumento da poboación, a mellora xeral das condicións de vida, o florecemento do comercio e da pesca, o crecemento das cidades e o paulatino ascenso da burguesía.

De carácter cultural

- O florecemento da arte románica, da lírica dos cancioneiros e da narrativa épico‑fantástica.

A poesía trobadoresca

A influencia provenzal

A poesía trobadoresca naceu no sur de Francia arredor dun grupo de señoríos feudais que carecían de unidade política, pero que compartían unha mesma lingua: o provenzal ou langue d'oc. Guillerme IX de Aquitania foi o primeiro trobador e o primeiro poeta do que se conservan textos en lingua romance. O refinamento da tradición provenzal estendeuse por toda Europa e deu orixe a importantes escolas poéticas.

Neste contexto debemos situar a aparición da escola lírica galega medieval.

A influencia provenzal chegou a Galicia a través das seguintes vías

  • O Camiño de Santiago: polo «camiño francés» chegaron a Compostela xentes de diferentes condicións e de moi distintos lugares de Europa.
  • A visita de trobadores provenzais a diversas cortes peninsulares.
  • A influencia do rei Afonso III de Portugal (o Boloñés) que, antes de ser rei de Portugal, viviu en Francia. A súa corte foi lugar de encontro de importantes trobadores, que difundiron novas formas e temas como, moi probablemente, a da materia de Bretaña na nosa literatura.
  • Os monxes de Cluny, que exerceron unha grande influencia na Igrexa daquel tempo e que contribuíron de xeito notable a estender a influencia provenzal nas artes e nas letras.

Os textos conservados

Os textos conservados da lírica galega medieval agrúpanse en dous grandes apartados:

  • Poesía profana: cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e maldicir, e cantigas pertencentes a outros xéneros menores.
  • Poesía relixiosa: Cantigas de Santa María. Alfonso X, o Sábio.

Coleccións manuscritas chamadas cancioneiros e coñecidas polos nomes das bibliotecas onde apareceron ou onde se custodian.

  • Cancioneiro da Ajuda: na Biblioteca da Ajuda, en Lisboa. 310 cantigas, case todas de amor. Está incompleto: o espazo previsto para a notación musical está en branco; non figuran os nomes dos autores; letras capitais faltan ou están inacabadas.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: tamén coñecido co nome Cancioneiro Colocci‑Brancuti, en honor do humanista que o mandou copiar e do dono da biblioteca onde se descubriu a fins do século XIX (Paolo Brancuti). É unha copia manuscrita en papel dun cancioneiro perdido. É o máis completo; contén máis de 1 600 cantigas de todos os xéneros. Ábrese coa Arte de Trobar, un tratado fragmentario de poética que estuda os diversos tipos e as características das cantigas.
  • Cancioneiro da Vaticana: na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma. É unha copia manuscrita en papel feita a partir do mesmo exemplar perdido ca o anterior. Contén unhas 1 200 cantigas dos diferentes xéneros.
  • O cancioneiro de Berkeley (California): na biblioteca da Universidade de Berkeley. É unha copia do Cancioneiro da Vaticana.

Ademais destes grandes cancioneiros, chegaron a nós, entre outros, os seguintes testemuños de menor entidade:

  • O pergamiño Vindel, chamado así polo apelido do libreiro que o descubriu en 1914. Custódiase en Nova York. Contén a letra de sete cantigas de amigo do xograr Martín Codax, seis delas acompañadas da correspondente notación musical. O pergamiño facía de reforzo da encadernación.
  • O pergamiño Sharrer, chamado así porque o descubriu o profesor Sharrer. Custódiase en Lisboa. Contén fragmentos de sete cantigas de amor do rei don Dinis con notación musical. Servía de encadernación dun libro.
  • Dúas copias da tenzón entre Afonso Sánchez e Vasco Martíns de Resende, unha conservada na Biblioteca Nacional de Madrid e a outra na Biblioteca Pública Municipal do Porto.

Autores e intérpretes do espectáculo trobadoresco

A poesía medieval concibíase como un espectáculo.

  • O trobador. Compoñía a letra e a música das cantigas. Era de orixe nobre e non cobraba; facíao por amor á arte. O nobre aparece citado polo nome e o apelido: Xoán Airas, Airas Núñez.
  • O xograr. Interpretaba as cantigas dos trobadores. De procedencia social máis baixa, aparece citado polo nome: Mendiño, Xoán Zorro e Martín Codax. En total cóntanse 36 xograr.
  • O segrel. Era un trobador profesional, que aceptaba paga pola interpretación das súas composicións. Procedía da baixa nobreza. Un deles puido ser Bernal de Bonaval.
  • As soldadeiras. Eran mulleres bailarinas que percibían algún tipo de salario. A súa figura asociábase á promiscuidade. María Pérez, a Balteira, gozou de gran popularidade, se ben sabemos dela a través das cantigas de escarnio (entre elas, algunhas do propio Alfonso X).
  • Os menestreis: son os músicos que interpretaban as partituras.

Entradas relacionadas: