Estandarización e Desafíos Lingüísticos do Galego: Normativa, Interferencias e Desviacións
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,17 KB
O Proceso de Estandarización do Galego
Fases Superadas na Elaboración das Normas
- A fixación da ortografía, onde se seguiron tres criterios fundamentais: o fonolóxico, o etimolóxico e a tradición escrita.
- A selección do estándar, que pretende unha variedade supradialectal baseada en: o maior número de falantes e extensión, o grao de uso na literatura e a harmonía coas linguas do ámbito.
- O establecemento dos principios fundamentais.
Polémica e Propostas Normativas
Creouse unha importante polémica entre dous bandos:
- Os defensores da normativa oficial (os independentistas), que tomaban como modelo a ortografía do castelán.
- Os lusistas, que propoñían unha aproximación do galego ao portugués estándar.
Propuxéronse outras normativas, destacando a normativa de concordia (1980). En 2003, a RAG (Real Academia Galega) publicou a última versión da norma.
Interferencias Lingüísticas no Galego
As interferencias son cambios que se producen nunha lingua (a variedade débil) por influxo do castelán e do galego estándar. Aparecen nos seguintes planos da lingua:
Planos da Lingua Afectados
- Plano fónico: Redúcese o sistema vocálico a 5 vogais, coa consecuente neutralización da oposición entre semiabertas e semipechadas. Prodúcese un cambio de grupos consonánticos cultos como pr-, cr-, br- por pl-, cl-, bl-. Tamén se observa a perda da vogal final en palabras rematadas en -ade, -ude, e a substitución de j por x.
- Plano morfolóxico: Inclúe o cambio de xénero nos substantivos, o uso do artigo masculino en palabras que comezan por a tónica, o Teísmo non dialectal (sic), o lleísmo, o uso do pronome eu por min, e o uso indebido de verbos pronominais.
- Plano sintáctico: Caracterízase pola ausencia de artigo ante o posesivo e a colocación incorrecta do pronome átono na oración.
- Plano léxico: É o plano onde as interferencias son máis abundantes. Manifestan-se na prevalencia de formas coincidentes co castelán, a restrición do significado, a restrición do vocabulario, a simulación de voces autóctonas e a substitución de formas galegas por castelás.
Desviacións da Normativa Galega
As desviacións son voces que non se axustan á normativa establecida.
- Vulgarismos: Son deformacións fonéticas propias do rexistro coloquial e informal, como o cambio do timbre das vogais, a adición ou eliminación de fonemas, a vocalización de grupos cultos, etc.
- Arcaísmos: Consisten na incorporación de palabras do galego-portugués medieval á escrita moderna (exemplo: parescer).
- Hiperenxebrismos: Son formas creadas artificialmente para distanciarse máis do castelán (exemplos: ambente, oficina).