A Estrutura Temática da Poesía de Rosalía de Castro: Saudade, Emigración e Inxustiza Social

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,93 KB

Temas Centrais na Poesía de Rosalía de Castro

Poesía Costumista

Céntrase na vida galega da época, retratando escenas da vida campesiña, romarías, paisaxes e tipos populares.

  • “Un repoludo gaiteiro”: Fala un personaxe popular daquela época, o gaiteiro.

Poesía Amorosa

Expresa coitas sentimentais en forma de monólogos ou diálogos.

  • “Quíxente tanto, meniña”.

Poesía Social e Patriótica

Denuncia das inxustizas sociais, incluíndo a marxinación de Galicia, a emigración, o caciquismo, a miseria dos campesiños e a situación das mulleres.

  • “Adiós ríos, adiós fontes”: Trata a emigración, contando a despedida dun home que marcha para a emigración.
  • “Castellanos de Castilla”: Denuncia a mala condición de Castela.

Poesía Intimista

Reflicte os sentimentos e vivencias da autora: a infancia, os sentimentos da paisaxe, a dor, a morriña e a saudade.

  • “Campana de Bastabales”: Expresa a morriña e a saudade que provoca a lembranza da infancia a través do son das campás.
  • “Como chove miudiño”.

Poesía Subxectiva-Intimista (Partes 1 e 2)

“Vaguedás”

A autora reflexiona sobre a escrita feminina e fala das súas vivencias e estado de ánimo (desacougo, pesimismo, melancolía…).

  • “O cravo”: Rosalía tiña unha dor moi grande, pero ao sentirse libre desa dor, sentíase baleira. Saca a conclusión de que prefire algo (aínda que sexa dor) a non sentir nada.

“Do Íntimo”

Reflexións sobre a falta de solidariedade humana, o irremediable paso do tempo, a perda da ilusión, o amor e o desamor, o silencio de Deus ante as inxustizas e a morte como liberación da dor.

Nesta parte vaise perfilando un dos símbolos máis enigmáticos da súa poesía: “a negra sombra” (algo malo vai pasar aínda nos momentos máis felices).

  • “A xustiza pola man”: O silencio do pobo ante a inxustiza e a insolidariedade dos xuíces.

“Varia”

Poemas de índole subxectiva e obxectiva. Aparecen lendas e refráns da terra, o problema das relacións amorosas da muller, a emigración e a hipocrisía social.

Poesía Obxectiva-Social (Partes 4 e 5)

“Da Terra”

Presenta personaxes e escenas populares e denuncia a discriminación e explotación da muller.

  • “Miña casiña, meu lar”.

“As Viúvas dos Vivos e as Viúvas dos Mortos”

O tema fundamental é a emigración, as súas causas e consecuencias. Sobre todo, centra a súa mirada nas mulleres, vítimas principais do éxodo forzoso dos seus homes.

  • “Pra a Habana”: 1. Causas da emigración; 5. Consecuencias.

Entradas relacionadas: