Evolución e cambios semánticos na lingua galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,31 KB
Os cambios semánticos
Do mesmo xeito que as persoas utilizan a mesma lingua de maneira distinta dependendo da idade, a súa cultura ou o contexto, as linguas evolucionan co paso do tempo. De modo que o significado das palabras tamén evoluciona ao longo dos anos por diferentes motivos: hai palabras que cambian de significado ou deixan de usarse, e hai outras que aparecen porque se crean novos obxectos ou realidades.
Principais causas do cambio semántico
- Necesidade de novos nomes: Debido á aparición de obxectos ou realidades como videoxogo, telemática ou ordenador. En moitas ocasións, a influencia estranxeira leva á introdución de préstamos que só están xustificados cando a lingua receptora non posúe termos equivalentes (piragua, cacique, tabaco). Noutras ocasións, sobre todo ante novas realidades europeas, adóptanse termos como: link > enlace, kit > equipamento.
- Causas lingüísticas: Como a evolución fonética das palabras (CAREA > área/esa; CLAMARE > clamar) ou a metonimia.
- Causas sociais e culturais: Como é o caso de palabras como “catorra”, que se aplica á persoa que fala sen sentido, ou lince para referirse a quen é agudo de vista.
- Causas psicolóxicas: Debidas á mentalidade, á educación ou a certas palabras consideradas “tabú”, é dicir, non apropiadas nun determinado contexto.
Eufemismos e disfemismos
A existencia de termos tabú dá lugar ao emprego de eufemismos, é dicir, palabras que substitúen o que non se quere dicir directamente. Os eufemismos teñen moito que ver coa intención de atenuar ou agochar situacións que, por algún motivo, se consideran negativas e que afectan a calquera ámbito da sociedade:
- Morrer > pasar a mellor vida.
- Subnormal > discapacitado.
- Preñar > estar en estado.
O contrario do eufemismo é o disfemismo: a palabra que esaxera a carga semántica ou que ten un valor pexorativo. Por exemplo: morrer > palmar, espichar.
Mecanismos lingüísticos de modificación
Os mecanismos lingüísticos para modificar o significado dunha palabra son:
- A metáfora: Consiste na substitución por semellanza de significados (pata dun animal / pata dun moble; folla dunha árbore / folla de papel).
- A metonimia: Consiste na substitución por contigüidade semántica (o puño da camisa, beber un vaso).
- A etimoloxía popular: Debida á relación de orixe entre palabras que en realidade non existe (actitude / aptitude) e que en moitos casos dá orixe a vulgarismos.
- A elipse: A supresión dun termo que se emprega nun determinado contexto e dase por coñecido (vivir nun [piso]).