Evolución da Narrativa e Teatro Galego Contemporáneo

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,61 KB

A Nova Narrativa Galega

A partir da década dos 60, un grupo de universitarios iniciou un proceso de renovación técnica da narrativa galega. Aínda que non formaron xeración por carecer dun guía, si se poden agrupar por teren unha serie de características comúns: todos eles tiñan formación universitaria e inquietudes galeguistas. Ademais, as súas viaxes ao estranxeiro viñan aparelladas ao dominio de idiomas e ao coñecemento de literaturas europeas.

Este grupo de autores caracterízase pola incorporación de motivos inéditos e de técnicas innovadoras. Esta innovación técnica acadárona a través de:

  • O obxectalismo (monólogo interior)
  • O perspectivismo
  • A función simbólica do espazo
  • A ruptura da linealidade temporal
  • A dinamización da linguaxe
  • Sinxeleza sintáctica
  • A condensación expresiva

Forman parte deste grupo narradores de moita relevancia na narrativa galega como Ferrín ou Casares.

Iniciadores e Obras Destacadas

O iniciador da Nova Narrativa Galega foi Gonzalo R. Mourullo coa publicación da súa obra Nasce un árbore e a súa continuidade con Memorias de Tains. As súas obras caracterízanse pola:

  • Superposición de planos (real-fantástico)
  • Introspección do subconsciente
  • Simbolismo
  • Subxectivismo

X.L. Méndez Ferrín

Un dos autores máis destacados e prolíficos dentro desta etapa foi X.L. Méndez Ferrín coas obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrablado do Norte, Retorno a Tagen Ata e Elipsis e outras sombras. Todas elas presentan unha serie de características que as incorporan á Nova Narrativa Galega: a mestura realidade-ficción, o experimentalismo e os espazos pechados, entre outros.

Carlos Casares

Aínda que con claras diferenzas cos seus compañeiros de grupo, tamén destaca Carlos Casares. A diferenza dos outros membros da N.N.G., a narrativa de Casares céntrase en espazos abertos, galegos, cunha forte pegada autorreferencial. As obras que pertencen a esta etapa son: Vento Ferido e Cambio en Tres. A súa narrativa está a medio camiño entre o realismo e o experimentalismo, ademais de caracterizarse polo uso do monólogo interior e a presenza do narrador protagonista.

Camilo Gonsar

O último autor que forma parte deste grupo, coa publicación das obras Lonxe de Nós e Cara a Times Square, é Camilo Gonsar. Estas dúas obras caracterízanse polo discurso ambiguo, o realismo obxectalista (transcrición de diálogos aparentemente triviais que alternan coa realidade inmediata) e os personaxes inadaptados ao medio.

O Teatro Galego entre 1936 e 1976

A partir da posguerra retómase en Galicia a produción teatral, a través dunha serie de iniciativas como a Mostra de Teatro de Rivadavia e o concurso de Teatro Abrente. Na década dos 60 aparecen os primeiros grupos de teatro independente ligados ao movemento estudantil e ás asociacións culturais. Tamén foron aparecendo compañías teatrais: Teatro Circo; Teatro Popular Galego e Auriese. Estas compañías representaban obras cunha forte carga ideolóxica e rupturistas coas formas clásicas.

Dúas xeracións conforman o panorama teatral:

  • A primeira xeración de Posguerra
  • A Xeración das mostras do Teatro de Rivadavia, que conviven cos dramaturgos anteriores.

Dramaturgos Destacados

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro representa a renovación do teatro galego. A súa obra O Incerto Señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, reinterpreta o mito clásico a través dun personaxe condicionado polo destino. En A noite vai coma un río, o protagonista agarda por un amante inexistente en tempo de guerra.

Xenaro Marinhas del Valle

Outro dos dramaturgos destacados entre os máis vellos é Xenaro Marinhas del Valle, autor de varias pezas recollidas en A serpe e A revolta e outras Farsas, conxunto de pezas esperpénticas nas que se explora a vía revolucionaria como saída aos problemas sociais.

Primeira Xeración de Posguerra

Da primeira xeración de Posguerra destacan Daniel Cortezón e Manuel María.

  • Daniel Cortezón é autor de obras de tema histórico, como Prisciliano, Xelmirez ou a groria de Compostela, Os irmandiños ou Pedro Madruga.
  • O chairego Manuel María é autor de varios autos, dunha obra de tema mitolóxico (Edipo) e doutra pertencente ao teatro popular (Barriga Verde).

Segunda Xeración (Mostra de Teatro de Rivadavia e Teatro Abrente)

A segunda xeración está relacionada coa Mostra de Teatro de Rivadavia e o concurso de Teatro Abrente. Destacan autores como Manuel Lourenzo, Euloxio Rubial e Vidal Bolaño.

  • Manuel Lourenzo é unha das figuras máis significativas do panorama teatral galego do século XX. Autor, director, estudoso do teatro e mesmo actor. A súa obra dramática é moi extensa e fai del un dos autores máis prolíficos. É autor de obras como Romaría as covas do demo, Viaxe ao país de Ningures, Todos os fillos de Galaad, Erros de Ferros de Pedro Madruga e a triloxía Veladas Indecentes.
  • O dramaturgo Euloxio Ruibal déuse a coñecer coa obra Zardigot. Ademais, é autor de O Cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro.
  • O terceiro é Roberto Vidal Bolaño, promotor teatral, director e autor. Gañador do concurso de Teatro de Abrente coas obras Laudamuco, señor de ningures ou Ladaíñas pola morte do meco. Tamén é autor de Bailadela da morte ditosa, A ópera de a patacón e a comedia A burla do Galo.

Entradas relacionadas: