Evolución da Poesía Galega: Finais do Século XX e Inicios do XXI

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,38 KB

A Poesía Galega: Finais do Século XX e Comezos do XXI

Contexto Histórico e Sociocultural

Nos anos 70 prodúcese o fin do réxime franquista e, a partir de 1976, coa morte de Franco, o inicio dunha democracia parlamentaria. Desde o punto de vista socioeconómico, aumentan os índices de emigración, o progresivo abandono do mundo rural e o aumento da poboación en núcleos urbanos. A lingua galega entrou a formar parte do ensino a partir de 1978 e nos medios de comunicación a partir de 1982, ano no que se funda a RTVG. Aumentou o número de libros publicados, o número de autores, a aparición de xornais e revistas, e a creación de novas editoriais.

A Renovación Poética dos Anos 80

A renovación da poesía galega nos anos 80 ten como punto de partida a influencia dun conxunto de autores e obras, entre as que destacan Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín, Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro e O tempo no espello de Avilés de Taramancos. Ademais destas obras, hai outros factores no proceso de renovación. Apareceron colectivos poéticos como Rompente ou Cravo Fondo, e tamén premios de poesía que serven de plataforma a novos autores, como o Premio Esquío. Creáronse revistas literarias como Grial e xurdiron novas editoriais, como Espiral Maior, ou coleccións exclusivamente poéticas.

Características da Xeración dos 80

A xeración dos 80 caracterizouse por unha maior preocupación polo uso correcto da lingua e pola forma do poema, e non exclusivamente polo fondo. Existen temáticas moi variadas, como o amor, a reflexión sobre o paso do tempo, etc. Os autores manexan un conxunto de referencias literarias amplas e variadas, procedentes de diversas literaturas. Mestúrase a tradición coa modernidade, recollendo obras de autores galegos clásicos como Cunqueiro ou Manuel Antonio, pero tamén procurando novas formas de expresión propias. Destacan poetas como Manuel Rivas, Lois Pereiro ou Pilar Pallarés.

A Xeración dos 90

Na xeración dos 90 hai unha maior presenza de voces poéticas femininas, como Yolanda Castaño ou Olga Novo. Emprégase unha linguaxe máis directa e asumible para o lector, cun discurso poético máis espontáneo e coloquial. Agrúpanse con frecuencia arredor de proxectos de carácter colectivo, como...

Entradas relacionadas: