Evolución do Teatro e Ensaio na Literatura Galega Contemporánea
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,9 KB
Historia do Teatro Galego: De 1936 á Actualidade
- Antes de 1936: Gran desenvolvemento teatral coas Irmandades da Fala e o Grupo Nós. Autores como Cabanillas, Castelao ou Dieste escriben teatro.
- Tras a Guerra Civil: Paralización da actividade teatral en Galicia como consecuencia da represión franquista.
- No exilio (especialmente en Bos Aires): Continúa a actividade teatral galega. Destacan autores como Castelao, Blanco Amor, Luís Seoane ou Varela Buxán. Creación do Teatro Popular Galego e da Compañía Maruxa Villanueva.
- Anos 50-70:
- Reaparece o teatro coa editorial Galaxia (1950).
- Nos anos 60 xorde o Teatro Independente, impulsado por colectivos como O Facho e Teatro Circo. Creación de grupos como Auriense, Histrión 70, etc.
- En 1973 comeza a Mostra de Teatro de Ribadavia, nacendo o Grupo Abrente (Lourenzo, Ruibal, Vidal Bolaño), con visión profesional.
O Teatro Galego a partir de 1975: Consolidación e Profesionalización
- Institucionalización e profesionalización:
- En 1984 créase o Centro Dramático Galego.
- En 1989 créase o IGAEM e en 2007 a AGADIC para apoiar a industria cultural.
- Premios e festivais:
- Premios como o Rafael Dieste, Vidal Bolaño, Abrente, Álvaro Cunqueiro...
- Mostras como o FITO en Ourense.
- Compañías destacadas: Teatro do Noroeste, Sarabela, Chévere, Teatro de Ningures, entre moitas outras.
- Dramaturgos contemporáneos: Miguel Anxo Fernán-Vello, Cándido Pazó, Lucía Villalta, Roberto Salgueiro, etc.
- Teatro de monicreques: Compañías como Tanxarina ou Seisdedos. Festivais como Galicreques (Santiago) ou Titirinoia (Noia). O Premio Barriga Verde recoñece este xénero.
O Ensaio Galego ata 1975: Orixes e Resistencia
- Primeiros ensaístas (inicios do século XX): Autores como Risco, Otero, Castelao ou Cuevillas tratan temas de política, historia, etnografía...
- Etapa franquista: O castelán impóñese como lingua do ensaio. En 1944 Castelao publica Sempre en Galiza desde o exilio.
- Editorial Galaxia e revista Grial:
- Galaxia crea Grial en 1951. Suspendida pola censura, retómase en 1963.
- Ao redor de Galaxia xorden ensaístas como Ramón Piñeiro (filosofía), Carvalho Calero (sociolingüística), Fernández del Riego...
O Ensaio Galego Actual: Consolidación e Diversidade Temática
- Consolidación do xénero:
- As editoriais crean coleccións específicas de ensaio.
- A revista Grial mantense como referencia.
- Nacen outras revistas como Encrucillada, Andaina, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro...
- Institucións e premios:
- O Consello da Cultura Galega (1983) promove a cultura galega.
- Premios como o Ramón Piñeiro de Ensaio ou o Vicente Risco fomentan a creación.
- Obras e autores destacados:
- Política: Beiras (O estado da nación).
- Feminismo: Queizán (Marxismo e feminismo), Adán (Feminicidio).
- Literatura: Méndez Ferrín (De Pondal a Novoneyra), Villalta (O outro lado da música, a poesía).
- Historia: Ramón Villares (Cultura e política...), Beramendi (O nacionalismo galego).