Evolución do Teatro Galego Contemporáneo: Xeracións, Temas e Autores Clave

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,69 KB

O Teatro Galego Contemporáneo: Evolución e Xeracións

Nacen a Promoción de 1980, marcada por unha vontade máis esteticista, e a Xeración dos 90. O teatro continúa coa temática e estilística dos anos anteriores e rompe totalmente co teatro precedente.

Á literatura dramática das últimas décadas fáltalle público consumidor, o que provoca que os premios e os certames literarios adquiran un papel decisivo de canonización e estímulo creativo.

Compañías e Estrutura Teatral

Xorden as compañías estables:

  • Nacen grupos como Artello, Antroido, Troula, Ítaca, Andrómena, e créase en 1978 a Escola Dramática Galega na Coruña.
  • Tamén se poñen en marcha novas mostras e festivais que consolidan a creación dun tecido teatral básico e un proceso de asentamento profesional que cristaliza en grupos como Sarabela, Matarile, Ollomol, etc., e como grupo institucional, o Centro Dramático Galego.
  • Tras a creación do IGAEM, o número de compañías aumenta considerablemente.

Temáticas Recorrentes

Os temas abordados inclúen:

  • Compromiso (Camilo Valdehorras, Alberto Avedaño)
  • Culturalismo (Lino Braxe, Miguel Anxo Fernán-Vello)
  • Neorruralismo (Raúl Dans, Cándido Pazó)
  • Comedia (Cándido Pazó, Suso de Toro)
  • Teatro histórico e mítico (Cándido Pazó, María Xosé Queizán)
  • Teatro posmoderno (Gustavo Pernas)
  • Intertextualidade de carácter lúdico (Cándido Pazó, Miguel Anxo Murado)

A Promoción de 1980

Autores nados arredor de 1950, a súa obra desenvólvese nos últimos anos do franquismo e o nacemento da Galicia autonómica, dándose a coñecer a través dos soportes editoriais. Esta promoción mantén unha relación menos estreita co teatro, xa que moitos deles acadaron maior éxito noutros xéneros. Pretenden acadar novas linguaxes, estruturas e lectores. Implícase o rexeitamento da estética en exceso social dunha certa literatura dramática anterior. Os seus trazos distintivos son:

  • Frecuente recurso ao metateatro.
  • Teatro culturalista cun forte compoñente simbólico e irónico.
  • Rexeitamento das formas abertamente lúdicas e presenza dun humor á beira do absurdo ou ao servizo da ironía e da parodia.
  • Os procesos de abstracción e xeneralización levan a unha práctica de anonimia dos personaxes.

Autores Destacados

Entre os autores desta promoción atópanse:

  • Miguel Anxo Fernán-Vello (obras como A tertulia das máscaras, Cuarteto para unha noite de verao).
  • Andrés Álvarez Vila.
  • X. Cid Cabido (Copenhague).
  • Luís Villalta.
  • Xoán Guisán (Un cenario chamado Federico, Teatro para se comer, Táboa ocre).
  • Xesús Pisón (Ei, Feldmuhle; Venenos, Teatro-minuto).

Entradas relacionadas: