Evolución do Teatro e a Poesía en Galicia: Das Institucións á Modernidade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,13 KB

O Teatro Galego Contemporáneo

Distínguense tres fases no seu desenvolvemento:
  • 1. Formación de compañías profesionais.
  • 2. Institucións: creación do CDG (Centro Dramático Galego) e do Instituto Galego das Artes Escénicas.
  • 3. Desenvolvemento que arranca nos anos 90.

O teatro dos 80

Nesta década pódense diferenciar dúas etapas: o nacemento do teatro profesional e a consolidación das institucións. Estas xurden grazas ao impulso da Mostra de Teatro de Ribadavia, onde destacan grupos como: Troula, Luis Seoane, Sarabela, Teatro de Ningures... A este movemento súmaselle o CDG. A creación do Instituto IGAEM vai establecer convenios anuais con distintas compañías. Aparecen tamén publicacións e coleccións especializadas. O teatro deste período é moi variado e presenta unha gran heteroxeneidade temática.

O teatro dos 90

Corresponde á terceira fase, marcada por novos acontecementos fundamentais:

  • 1. Aparición de compañías profesionais.
  • 2. Creación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
  • 3. Celebración de festivais e mostras de teatro en distintas localidades.
  • 4. Establecemento de salas de teatro estables.
  • 5. Amplíase o mundo do teatro para o público infantil.
  • 6. Unha maior especialización no sector.

As tendencias estéticas son heteroxéneas, destacando o teatro existencial e o experimental. O novo milenio achega o teatro ao gran público, aumentan os lugares para ver espectáculos e búscase a risa a través da parodia e a ironía dentro do xénero da comedia. A creación da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) constitúe a mellor proba deste intenso traballo de desenvolvemento.

A Poesía Galega Contemporánea

Desenvolvementos do mercado editorial

O crecemento do sector vese impulsado por varios factores:

  • 1. Institúense premios literarios de prestixio.
  • 2. Aparecen novas editoriais independentes.
  • 3. Impúlsase a crítica literaria a través de suplementos nos xornais.
  • 4. Profesionalización da figura do escritor coa AELG e o Pen Club.

A poesía caracterízase pola pluralidade e heteroxeneidade de estilos, así como pola eclosión da poesía feminina. Esta etapa comeza cunha reacción contra o sociorealismo dominante. Destaca a figura de Ferrín coa súa obra Con pólvora e magnolias. A renovación poética consolídase ao longo da primeira metade dos 80 coa aparición de numerosos grupos de autores.

A xeración poética dos 80

Nesta década publicaron grupos fundamentais como Rompente e De Amor e Desamor. Os autores colaboran en revistas de referencia como Dona ou Luces de Galiza. Os seus trazos xerais son:

  • 1. Esteticismo e propensión ao culturalismo.
  • 2. Experimentación a través da reflexión.
  • 3. Integración da cultura urbana e marxinal.

A finais da época atópase un certo esgotamento por parte do público, que comeza a preferir a narrativa.

A poesía nos anos 90

Esta década presenta as seguintes características:

  • 1. Eclosión de voces poéticas de diversa procedencia e idade.
  • 2. Grupos poéticos como o Batallón Literario da Costa da Morte, que empregaban unha linguaxe máis directa e coloquial, tratando temas sociais e patrióticos.

Distínguense principalmente tres grupos ou correntes:

  • 1. Poesía de transición.
  • 2. Poesía provocadora e contestataria.
  • 3. Poesía do íntimo e o cotián.

Entradas relacionadas: