Evolución e Estrutura da Literatura Popular Galega: Cancioneiro, Narrativa e Diglosia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,96 KB

Estrutura da Literatura Popular Galega

Podemos dividir o conxunto da literatura popular en dous grandes bloques:

1. O Cancioneiro Popular

Composto por unha gran variedade de composicións de diferentes ritmos e temática:

  • Muiñeiras
  • Alalás
  • Cantigas de maio, cantigas de reis, vilancicos
  • Cantigas de sega, de arrieiros, de recollida do liño
  • Cantigas satíricas e regueifas
  • Cantigas de berce

Moitas delas vímolas xa encabezando os Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Formas Estróficas Máis Frecuentes

  • A copla ou cantiga: Catro versos de 8 ou 6 sílabas con rima asoante nos versos pares.
  • O terceto de octosílabos: Con rima asoante nos versos impares.
  • A muiñeira de hendecasílabos: Con acentos fixos na 1ª, 4ª, 7ª e 10ª sílabas (hendecasílabos de gaita galega).
  • Os romances: Series de versos octosílabos con rima asoante nos versos pares.

2. A Narrativa Oral

Composta por:

  • Contos: Poden ser marabillosos, exemplares (con finalidade didáctica) ou humorísticos.
  • Lendas: Poden narrar a orixe dun lugar, feitos históricos ou milagres de santos.

Características Lingüísticas Fundamentais

Neste período danse cambios importantes a nivel fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico que configuran a lingua que chegará aos nosos días.

Consolidación das Diferenzas e Diglosia

Por unha parte, debemos ter en conta que se consolidan as diferenzas co portugués. A falta de intercambios culturais con Portugal e a situación de diglosia co castelán fai que se incorporen moitos castelanismos en todos os niveis da lingua e que se tome como modelo de lingua culta o castelán (e non o portugués, por exemplo, que sería máis lóxico polo seu estreito parentesco).

Redución e Vulgarización da Lingua

A redución á lingua oral e a súa expulsión dos ambientes cultos provocará que o galego non modernice nin actualice o léxico culto e formal. A lingua galega perde os seus rexistros formalizados e queda convertida na práctica nunha lingua vulgar ligada á vida das clases populares, ao mundo do traballo e ao medio rural, desprazada dos usos elevados e dos ambientes cortesáns.

O Sentimento de Desprezo (Séculos XVI e XVII)

Aparece entre os séculos XVI e XVII un forte sentimento de desprezo ligado á situación de desigualdade social e funcional (diglosia) en que convivía co castelán. Este sentimento afecta en xeral a todo o que ten que ver con Galicia.

Cambios Respecto ao Galego Medieval

A continuación, detállanse os cambios que se produciron con respecto ao galego medieval:

Fonoloxía

  • Perda das vogais nasais: irmão pasa a irmao, irmán ou irmá.

Entradas relacionadas: