Evolución de la Poesía Galega en la Posguerra y su Impacto en la Diáspora

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,44 KB

Contexto

O resultado da Guerra Civil provocou un colapso no sistema literario galego que tivo como consecuencia un silencio que durou tres lustros (1936-1950). A partir de finais dos anos 40, prodúcese un lento e traballoso proceso de restauración das canles de difusión da literatura na nosa lingua.

Principais Tendencias da Poesía Galega de Posguerra

  • Continuísmo coas liñas estéticas anteriores ao 36, tematicamente descomprometidas, como: costumismo ruralista, paisaxismo hilozoísta, neopopularismo e neotrobadorismo.
  • Discursos poéticos intimistas, virados cara ao interior anímico, as lembranzas, as interrogacións sobre a propia personalidade, a preocupación transcendental ou relixiosa e a reflexión metapoética.
  • Clasicismo e formalismo culturalista.

Poetas da Posguerra

Álvaro Cunqueiro: Foi unha das voces máis importantes da poesía galega do século XX. Antes da guerra publicou tres libros, vangardistas os dous primeiros e neotrobadoresco o terceiro: Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama Riveira (1933).

A este autor tamén o acompañaron varios autores da época como: Aquilino Iglesia, María Mariño, Luís Pimentel e Ricardo Carballo.

Representativos da xeración do 36 son os seguintes autores e autoras: Xosé María Díaz Castro, Xosé María Álvarez Blázquez, Miguel González Garcés, Pura Vázquez Iglesias, entre outros.

A Literatura Galega na Diáspora

O Labor Cultural do Exilio Galego

A derrota do bando republicano na Guerra Civil empurrou ao exilio a moitas galegas e galegos, entre eles escritores, artistas e intelectuais. O abandono doloroso da propia terra foi o único xeito de salvar a vida ou fuxir dunha atmosfera política, social e cultural asfixiante. En Bos Aires e Montevideo, cidades entón prósperas e cosmopolitas, concentráronse moitos dos intelectuais e artistas que lograron fuxir da represión franquista.

A Poesía na Diáspora

A poesía foi o xénero máis cultivado no exilio. A maior parte das obras apareceron en Bos Aires e abordaron temas que estaban vetados na Galiza da ditadura ou reflectían problemáticas da colectividade desterrada: a denuncia do drama vivido, o patriotismo galego, a saudade das paisaxes natais, a reflexión sobre a situación do exilio, etc.

Entradas relacionadas: