Evolución y Resistencia del Idioma Gallego: De la Edad Moderna al Siglo XIX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,54 KB

O Galego na Idade Moderna: O Galego Medio

Como consecuencia da uniformidade política imposta polos Reis Católicos, temos a irrupción do castelán como idioma do poder coa penetración da nobreza. A castelanización de documentos vaise estendendo cara a un progresivo bilingüismo diglósico. O castelán estendeuse por todo e o galego deixou de ser lingua escrita de Galicia. No século XIX, as clases máis acomodadas están castelanizadas, mentres que a única lingua que falaba Galicia era o galego.

A decadencia dos séculos XVI e XVII

O espírito renacentista fai que as linguas romances se convertan en obxecto de atención do estudo humanístico, xurdindo as primeiras gramáticas e adquirindo o prestixio que lles concede a consideración de linguas oficiais e de cultivo literario; porén, o galego consérvase só no plano oral.

A Igrexa converteuse nun factor desgaleguizador, situación que será denunciada por relixiosos ilustrados como o Padre Feijoo ou o Padre Sarmiento.

Inicio da recuperación: Século XVIII e Ilustración

O século XVIII é a época da Ilustración, movemento cultural europeo de orixe francesa que se inspira no culto á razón e defende o mercantilismo e a burguesía. En Galicia aparecen as primeiras voces denunciando a situación de atraso económico e cultural que sofre o país.

  • Un grupo de intelectuais comeza a aportar solucións para paliar o subdesenvolvemento económico.
  • Nacen as Sociedades Económicas de Amigos del País.
  • A personalidade clave pola defensa do galego foi o Padre Sarmiento, quen criticou a castelanización da Igrexa e do ensino.

Literatura propagandística

As primeiras manifestacións da literatura galega son versos e prosas propagandísticas motivados pola Guerra de Independencia contra os franceses, onde se incitaba ao pobo a levantarse en armas.

  • Xosé Neira: Publicou en 1810 Proezas de Galicia, un diálogo entre dous homes que conta diferentes accións bélicas contra os franceses nas que participou o autor.
  • Escritos satíricos: Destaca a figura de Pedro Boadp, quen utilizou a forma de diálogo para as súas composicións.

Poesía

  • Nicomedes Pastor Díaz: Poeta do romanticismo español, escribiu Alborada, de tema amoroso.
  • Vicente Turnes: Escribiu diversos poemas de circunstancias e diálogos.

Entradas relacionadas: