Evolución del Teatro Gallego desde 1973: Hitos y Protagonistas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,67 KB
O teatro dende 1973 á actualidade
Situación xeral
Durante a ditadura, o teatro galego apenas tivo oportunidade de mostrarse en escena. O asentamento definitivo da produción teatral concéntrase a través de distintos feitos:
- Establecemento de axudas económicas e creación de circuítos de representación.
- Nacemento dunha compañía institucional: o Centro Dramático Galego (1974).
- Creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, que estableceu a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
- Nacemento en 2005 da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).
- Creación de premios para textos teatrais como o Álvaro Cunqueiro ou o Rafael Dieste.
- Creación dos Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Cada vez vanse consolidando máis compañías de teatro profesional, como Sarabela ou Ollomol-tranvía. Tamén se desenvolve o teatro infantil e xuvenil con diversas compañías de marionetas e monicreques (como Tanxarina). A publicación de textos teatrais, pola súa banda, foi escasa.
O Grupo Abrente
Os integrantes do Grupo Abrente combinaban a escrita coa interpretación e buscaban innovacións temáticas, aínda que cada un presentaba un universo creativo diferente. Os máis relevantes son:
Manuel Lourenzo (1943)
Actor e dramaturgo que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática. Na súa obra pódense distinguir dúas grandes liñas temáticas:
- Teatro mítico: na liña das traxedias grecolatinas, como Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (Premio Abrente 1978).
- Teatro de circunstancias: de carácter experimental, en obras como Teatro mínimo (1992) ou Veladas indecentes (1996).
Euloxio R. Ruibal (1945)
Comeza escribindo parábolas contra a violencia, a guerra e a opresión, como Zardigot (Premio Abrente 1974), para despois publicar varias pezas satíricas sobre a situación de Galicia, como Azos de esguello (Premio Álvaro Cunqueiro 1989).
Roberto Vidal Bolaño (1950-2002)
Comezou publicando obras inspiradas na dramaturxia popular, como Laudamuco, señor de ningures (Premio Abrente 1976) ou Bailadela da morte ditosa (Premio Abrente 1980). A partir dos anos 80, escribe pezas burlescas como Días en gloria (Premio Rafael Dieste 1992), Rastros (1998) ou A ópera de a patacón (1998).