Evolución Urbana Postindustrial: Periferias e a Cidade Difusa

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,27 KB

Transformacións na Estrutura Urbana Postindustrial: Periferia e Cidade Difusa

Na actualidade, as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento menor, pero continúan estendéndose no espazo, debido á difusión de parte da poboación e da actividade económica cara a periferias cada vez máis afastadas. Xorde así a chamada “Cidade Difusa”, cuxa manifestación principal é a formación de áreas periurbanas e rururbanas, de límites imprecisos, nas que se mesturan os usos do solo e as formas de vida do campo e da cidade. A cidade adopta un modelo disperso, caracterizado pola baixa densidade da urbanización e a zonificación en áreas con diferentes usos do solo, separados por espazos intersticiais ou baleiros urbanos, ben conectados entre si e co centro urbano por unha rede viaria densa, orientada sobre todo ao transporte en automóbil privado.

Este modelo de cidade difusa non é un modelo compacto, senón que alterna as urbanizacións cos espazos agrarios e expande os modos de vida urbana moitos km máis aló das cidades tradicionais. Ademais, nestes ámbitos planéanse novos espazos de calidade e innovación científica e empresarial. Con todo, a cidade central tamén segue compactándose, especialmente nos seus bordos e nos baleiros internos. A diferenza de decenios anteriores, as infraestruturas instálanse antes de construír os edificios, e os novos barrios adoitan estar mellor conectados coas grandes arterias urbanas.

Unha porcentaxe crecente da poboación vive neses novos espazos periféricos, xa que, debido ao menor custo do solo, é posible adquirir alí vivendas de maior extensión e calidade que as do centro, en barrios de trama pechada en quinteiros ou barrios de vivendas unifamiliares con xardín. Ademais, moita xente mostra o desexo de vivir preto da natureza e escapar das incomodidades do centro das cidades: contaminación atmosférica, ruídos. O máis frecuente é atopar barrios cunha trama aberta e edificacións unifamiliares con xardín ou bloques de vivendas de pouca altura con espazos verdes compartidos. Existen tamén comunidades pechadas de barrios de vivendas unifamiliares que adoitan ter os seus propios servizos similar ao que acontece na illa de Toralla en Vigo.

Outra característica xorde como consecuencia da descentralización das actividades económicas e das áreas de equipamentos ou servizos. As actividades económicas tamén se foron trasladando desde o centro á periferia. Nun principio fixérono as áreas urbanas, pero agora tamén as oficinas, o comercio, os hospitais e as universidades. O resultado é que as periferias teñen cada vez maior importancia como espazos de actividade económica. O anterior modelo centralizado, cunha concentración de actividades no centro, está dando lugar a outro máis descentralizado e complexo, con diversos polos de actividade na periferia. Este crecemento non sempre se produce nos bordos do espazo xa edificado, senón que, con frecuencia, os novos centros comerciais, parques empresariais ou urbanizacións se construen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que este se presenta como un conxunto de espazos illados e conectados entre si por autovías e estradas.

Entradas relacionadas: